Fondos
INTERVENCIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..4.1
Título INTERVENCIÓN
Data(s) 1844-2018 (Creación) 1844 - 2018-00-00 (Produción)
Volume e soporte 1.120 unidades de instalación con 1.633 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.
Institución arquivística Arquivo municipal de Poio
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A intervención municipal encárgase da planificación e programación da actividade económica; controla e fiscaliza a xestión económica-financeira e presupostaria; e coordina as actividades contables da Entidade. Ao longo do século XIX as funcións da Intervención foron asumidas polo Contador, que pasaría a denominarse Interventor, quedando esta función acumulada nos pequenos concellos á figura do secretario-interventor.
Organizació
Esta 1ª división de sección, INTERVENCIÓN, contén as seguintes divisións de sección e series documentais: 4.- FACENDA: 4.1.- INTERVENCIÓN: 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados 4.1.1.4.- Tribunal de Contas 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención 4.1.2.- PRESUPOSTO ORDINARIOS: 4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos 4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario 4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias 4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto Padroádego Municipal Monte Santa Trega 4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais 4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo 4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS: 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario 4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS: 4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)