ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..4.1.3

  • Título PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS

  • Data(s) 1951-1980 (Creación) 1951-00-00 - 1980-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 21 unidades de instalación con 49 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Foron regulados por primeira vez no ano 1835 e desapareceron coa aprobación do Real Decreto 3.183/1981, de 29 de decembro. Non estaban sometidos ao principio de anualidade, nin de unicidade, e a súa elaboración non era obrigatoria ao redactarse para fins concretos (imprevistos, obras novas de consideración, etc.). Créanse para dispor de fondos para obras novas ou finalización e melloras en obras xa executadas, para imprevistos, para obras moi importantes ou para executar sentenzas de tribunais.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS, está organizada nunha única serie documental:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS:
    
    4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición