ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Imposto sobre circulación de vehículos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI.1.4.2.1.8

  • Título Imposto sobre circulación de vehículos

  • Data(s) 1927-2011 (Creación) 1927-00-00 - 1996-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 94 unidades de instalación con 136 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Agrupación de series con rexistros e expediente que se tramitan para determinar e regular a tributación que corresponde ao contribuínte pola circulación do vehículo. Destacan os padróns de vehículos, altas e baixas e transferencias. Os antecedentes remóntanse a 1871 que permite gravar a tenza de carruaxes de luxo(1871-1924); posteriormente o Imposto da Patente Nacional de Circulación de Vehículos, creado por Real Decreto - Lei de 29 de abril de 1927, que sería substituído polo actual imposto municipal de circulación de vehículos, xa en 1966.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición