Fondos
DEFUNCIÓNS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36044.AXP.PONCES..1.4
Título DEFUNCIÓNS
Data(s) 1926-2014 (Creación) 1926-00-00 - 2014 (Produción)
Volume e soporte 8 libros e 14 unidades de instalación con 34 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Pontecesures(1925-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Pontecesures no ano 1925, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Catoira e Pontecesures.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Pontecesures
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación do Rexistro Civil relacionada co control das defuncións no territorio no que ten incidencia e xurisdición. Destaca polo súa importancia fedataria e testemuñal os libros de rexistro de defuncións, dende 1870 ata a actualidade, xunto con outros de similar pretensión os libros de actas de defuncións ou os libros de declaracións de defuncións. Todos eles acostuman a dispor de índices alfabéticos e unha ordenación cronolóxica. O documento básico consiste na declaración de algunha persoa coñecedora do falecemento de outra que informa sobre a morte e que se acompaña habitualmente da oportuna certificación médica coas causa do falecemento. Esta declaración é obrigatoria para familiares ou residentes na mesma vivenda que o falecido, cabeza de familia da vivenda onde falecera si é fora de su domicilio, ou calquera coñecedor da mesma. Na declaración indicase a identidade do falecido, hora, data e lugar do falecemento e causa da morte, xunto coa información sobre o seu enterramento. Este datos pasaran a detallarse no libro de rexistro de defuncións. Ademais como resultado das interrelacións cons cidadáns, consérvanse copias da certificacións, partidas ou declaracións de defunción, requiridas en moitos trámites administrativos, así como os expedientes de emenda e subsanación de erros ou de inscrición das defuncións fóra de prazo, tendo en conta a súa obrigatoriedade, así como os libros de rexistro ou as declaracións de abortos, de últimas vontades ou expedientes de repatriación de mortos.
Organizació
Esta 1ª división de sección, DEFUNCIÓNS, está organizada nas seguintes series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL: 1.4.- DEFUNCIÓNS 1.4.1.- Libro rexistro de defuncións 1.4.2.- Libro de actas de defuncións 1.4.3.- Libro de declaracións de defuncións 1.4.4.- Certificacións e declaracións de defunción 1.4.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de defuncións fóra de prazo 1.4.6.- Licenzas de enterramentos 1.4.7.- Expedientes de repatriación de mortos 1.4.8.- Índice de defuncións 1.4.9.- Libro de últimas vontades de enterramento 1.4.10.- Expedientes de abortos 1.4.11.- Libro de certificacións de abortos 1.4.12.- Libro rexistro de abortos 1.4.13.- Libro actas de declaracións de abortos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Pontecesures (Tema) (Creador)