Fondos
ES.GA.36040.AXP.POR.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PORTAS
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PORTAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36040.AXP.POR.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE PORTAS
Data(s) 1840-2017 (Creación) 1840 - 2017-03-10 (Produción)
Volume e soporte 69 libros do rexistro civil e 115 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Portas(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Portas no ano 1870 con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Caldas de Reis dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Portas
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 14 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 13 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1998, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. A incorporación documental de 2008 levouna a cabo Mónica Núñez Carro, no 2010 María Lede Pérez e no 2017 Mª Sonia Novoa Novoa.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1840, criminal dende 1879 e gobernativa dende 1863, ou de eleccións dende 1888. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 2005-2006 1 1.2. NACEMENTOS 1871-2010 39 1.3. MATRIMONIOS 1871-2010 27 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2009 37 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1909-1960 1 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1892-1953 1 1.7. NACIONALIDADE 1958-2006 3 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1880-2005 18 2.2.ASUNTOS CIVÍS 1840-2003 37 2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1879-2009 16 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1863-1992 13 2.5. ELECCIÓNS 1888-1982 5 2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1985 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Portas, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Portas
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Portas
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Portas (Tema) (Creador)