ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.14.014/2

  • Título Expedientes de sesións do Pleno

  • Data(s) 2002 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de sesión del Pleno: 27 - 06 - 02. ORDE DO DÍA 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 2. Dar conta dos decretos da Alcaldía. 3. Dar conta do Decreto 88/2002, da Consellería de Medio Ambiente, do 7 de marzo, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do espacio natural da Illa de Cortegada e o seu contorno. 4. Dar conta da solicitude de subvención para a prórroga de programas dos Servicios Sociais de Atención primaria. 5. Dar conta da solicitude de subvención para os servicios sociais especializados dirixidos á terceira idade (Bono - Bus municipal). 6. Dar conta da liquidación do Presuposto Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa correspondente ó exercicio 2001. 7. Dar conta da liquidación de Presuposto da FPSDM, correspondente ó exercicio 2001. 8. Aprobación, se procede, do Expediente de carencia do Préstamo nº 954804566 do Banco de Crédito Local. 9. Aprobación, se procede, de recoñecemento extraxudicial de créditos dos exercicios 2000 e 2001, por importe de 357.606,39 euros. 10. Aprobación, se procede, do cambio de finalidade préstamo de Caixanova nº 0540018141. 11. Aprobación, se procede, do cambio de finalidade préstamo de BCL nº 42581034. 12. Aprobación, se procede, do Expediente de modificación de créditos, por Crédito extraordinario. Suplemento de créditos. 13. Aprobación, se procede, do Expediente de modificación de obra de carácter plurianual do anexo de inversións do presuposto municipal do ano 2002. 14. Ratificación, se procede, do nomeamento de vocais en representación do concello de Vilagarcía de Arousa, no Consello de Administración da Autoridade Portuaria. 15. Ratificación, se procede, do nomeamento de representante do concello de Vilagarcía de Arousa, na Asamblea Xeral de Caixanova. 16. Ratificación, se procede, da modificación dos Estatutos do Consorcio para a prestación do Servicio contra incendios e Salvamento da Comarca do Salnés. 17. Modificación, se procede, do Prego de cláusulas económico administrativas que rexerá a concesión da Escola Infantil Municipal para a súa adaptación ó Decreto 70/2002 da Consellería de Familia. 18. Aprobación, se procede, da modificación da Ordenanza Fiscal, nº 17, reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais de Vilagarcía de Arousa, e outros servicios. 19. Escrito de D. Agustín Iglesias Rey e outros en relación á adecuación dos usos marisqueiros que se desenvolven nas praias da Concha e Compostela. 20. Solicitude do grupo municipal de IVIL de comparecencia ante o Pleno por parte da Concelleira Dona Angela González Martín. 21. Aprobación, se procede, de cinco convenios urbanísticos. 22. Aprobación, se procede, da alleación da parcela, sobrante da vía pública na rúa do Castro e rúa Desengano. 23. Aprobación, se procede, da alleación da parcela, sobrante da vía pública na rúa Romero Ortiz. 24. Aprobación, se procede, da alleación da parcela, sobrante da vía pública na rúa Valle Inclán. 25. Aprobación, se procede, da modificación da valoración da parcela municipal no PERI da Escardia ós efectos da subasta. 26. Resolución, se procede, do Recurso de Reposición contra a aprobación definitiva da Modificación puntual Nº 2 do PXOM. 27. Escrito da Autoridade Portuaria sobre Convenio con Televisión da Mancomunidade do salnés, S.L. 28. Moción do grupo municipal do PP sobre verquidos e residuos sólidos aparecidos no río do Con e regato de Santa Mariña. 29. Moción do grupo municipal do BNG, sobre o dereito elemental a aprendermos en galego. 30. Moción do grupo municipal do BNG, sobre as listas de espera no sistema sanitario de Galicia. 31. Moción do grupo municipal do BNG, en contra da intención de desmantelar á flota pesqueira galega, anunciada polo Comisario Sr. Fischler. 32. Moción do grupo municipal do BNG sobre o Real Decreto Lei 5/2002 do 24 de maio de "Medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade". 33. Escrito presentado polos responsables sindicais da comarca -CC.OO., GIG e UXT, en relación co Real Decreto Lei 5/2002 e Folga Xeral do día 20 de xuño de 2002. 34. Moción do grupo municipal do PS de G - PSOE, en relación co Real Decreto Lei 5/2002, do 24 de maio de 2002. 35. Moción do grupo municipal do PS de G - PSOE, en relación coa Pílula do día despois. 36. Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía, sobre denominación do parque situado na Avda. da Mariña como "Parque de Miguel Hernández". 37. Interpelacións. 38. Rogos e preguntas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición