Fondos
14.015/3. Expedientes de sesións do Pleno (2002)
Expedientes de sesións do Pleno (2002)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.14.015/3
Título Expedientes de sesións do Pleno (2002)
Data(s) 2002 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de sesión do Pleno: 28-11-02.
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se procede, das actas da sesión anterior.
2. Dar conta dos decretos da Alcaldía.
3. Aprobación, se procede, de denominación da rúa que vai dende a Praza de Rubiáns de Arriba ó Hospital Comarcal do Salnés.
4. Aprobación, se procede, de alta no Inventario de bens inmobles do concello dunha parcela en Trabanca Badiña.
5. Cesión de terreos e aprobación de convenio, se procede, entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello para a creación de punto limpo.
6. Moción do grupo municipal do BNG, sobre o Proxecto de lei de reforma da Lei reguladora das facendas locais.
7. Moción do grupo municipal do P.S. de G-PSOE, encol do Proxecto de lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das facendas locais.
8. Moción do grupo municipal do BNG solicitando da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a creación dunha oficina do SMAC en Vilagarcía de Arousa.
9. Moción do grupo municipal do BNG, en relación ás actuacións necesarias na rúa Alfonso Pedrido Morla para garanti-lo tránsito dos alumnos do I.E.S. Fermín Bouza Brey.
10. Moción do grupo municipal do BNG, en relación co sinistro do "Prestige" e solucións perante a súa gravidade.
11. Moción do grupo municipal do BNG, en relación á constitución dunha Comisión local de seguimento polo accidente marítimo e afundamento do buque "Prestige".
12. Moción do grupo municipal do PP. instando á Xunta de Galicia, Administración Central e europea a tomar medidas en relación co tráfico marítimo de barcos potencialmente perigosos e accións necesarias para palia-los danos económicos, sociais e medioambientais derivados do siniistro de Prestige.
13. Moción do grupo municipal do P.S. de G-PSOE, instando ó Goberno de Galicia, Goberno Central e Unión Europea a tomar medidas sobre a situación creada como consecuencia do afundimento do petroleiro Presige.
14. Interpelacións.
15. Rogos e preguntas.
Ãrea de notas
Nota