ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de sesións do Pleno (2003)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.12.957/5

  • Título Expedientes de sesións do Pleno (2003)

  • Data(s) 2003 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de sesión do Pleno: 31 - 07 - 03. ORDE DO DÍA 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 2. Dar conta dos decretos da Alcaldía. 3. Dar conta dos decretos de Delegación da Presidencia das Comisións Informativas. 4. Dar conta da aceptación do desempeño do cargo de Alcalde en réxime de dedicación exclusiva. 5. Dar conta do informe de Intervención sobre a entrada en vigor de asuntos aprobados no Pleno celebrado o día 17 - 07 - 03. 6. Aprobación, se procede, de inclusión no Inventario de Bens do Concello da Oficina do Carril. 7. Declaración, se procede, das obras de reparación do tellado de Cáritas Interparroquial, como obras de utilidade pública municipal. 8. Declaración, se procede, das obras de construcción dun edificio para o Centro de Día Abrente, como obras de utilidade pública municipal. 9. Declaración, se procede, das obras de adaptación dun local para viveiro de empresas, para a Cámara de Comercio, Industria e Navegación, como obras de utilidade pública municipal. 10. Declaración, se procede, das obras de ampliación do Cemiterio de Cornazo, como obras de utlidade pública municipal. 11. Declaración, se procede, das obras de construcción de centro asistencial no Rial, promovidas pola Asociación de disminuídos psíquicos CON ELES, como obras de utilidade pública municipal. 12. Declaración, se procede, das obras de construcción dun novo ximnasio no IES Fermín Bouza Brey, como obras de utilidade pública municipal. 13. Aprobación definitiva, se procede, dos puntos nº 1, 2, 3, 11 e 12, da modificación puntual nº 3 do PXOM. 14. Aprobación definitiva, se procede, do estudio de detalle para o ordenamento volumétrico das parcelas afectadas polo ensanchamento da rúa Limoeiro. 15. Aprobación definitiva, se procede, do estudio de detalle de aliñacións na rúa Bosque Desamparados. 16. Aprobación definitiva, se procede, do Proxecto de compensación de propietario único terreos nas Carolinas de General de Edificios y Solares S.L. (GESS). 17. Ratificación aprobación definitiva, se procede, do estudio de detalle para remodelación de volumes e aliñacións interiores na rúa Dr. Moreira Casal. 18. Aprobación, se procede, da escritura de constitución da Xunta de compensación da UEI-6 (Desamparados). 19. Aprobación, se procede, de incoacción de expediente de resolución do contrato de concesión da explotación do servicio público das instalacións do Balneario Praia Compostela. 20. Aprobación, se procede, de desafectación de terreos do recinto do Colexio Público do Piñeiriño. 21. Aprobación, se procede, de gasto plurianual, programa informático de Rendas e Recadación. 22. Aprobación, se procede, do cambio de finalidade de préstamo do BCL nº 42981034, para financia-la nova obra "Aportación plan de implantación Centro Comercial Urbano, sinalización e ampliación da obra 003/03 "Mobiliario e enseres". 23. Aprobación, se procede, da solicitude da Asociación de Comerciantes ZONA ABERTA, de axuda para a 1ª fase da implantación do Centro Comercial Urbano de Vilagarcía. 24. Aprobación, se procede, de cambio de finalidade de Préstamos para financiación da ampliación da obra 072/03 "Muro de contención Campo de Fútbol de Fontecarmoa". 25. Aprobación, se procede, do expediente de Modificación de Créditos nº 1 por crédito extraordinario e suplemento de crédito. 26. Moción presentada polo BNG sobre construcción dun paso de peóns complementario á nova ponte sobre a vía do tren de San Xosé - As Pías. 27. Moción presentada polo BNG, sobre disolución formal do Foro para o desenvolvemento económico de Vilagarcía de Arousa. 28. Moción presentada polo BNG sobre disolución formal do Foro para o desenvolvemento económico de Vilagarcía de Arousa. 29. Moción presentada por EU-IU sobre a elaboración dun Plano Municipal integral contra a violencia de xénero. 30. Interpelacións. 31. Rogos e preguntas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición