Fondos
15.211/3. Expedientes de sesións do Pleno (2009)
Expedientes de sesións do Pleno (2009)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.15.211/3
Título Expedientes de sesións do Pleno (2009)
Data(s) 2009 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente sesión do Pleno: 26-11-09. 1.- Aprobación, se procede, da actas da sesión anterior de data 29 de outubro de 2009. 2.- Dación de conta das Resolucións da Alcaldía do mes de outubro. 3.- Aprobación, se procede, da modificación de plantilla e ratificación do acordo da Mesa de Negociación Conxunta en relación co Plan Integral de Ordenación de RR-HH 2009-2013. 4.- Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza Reguladora de actividade de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras. 5.- Aprobación, se procede, de recoñecemento extraxudicial de créditos nº 2/2009. 6.- Escrito da AA:VV. Outeiro de Sobradelo para solicitar do Ministerio de Fomento modificar a intersección das Rúas Pablo Picasso e Avenida de Cambados. 7.- Declaración institucional do Consello Local da Muller con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. 8.- Manifesto sobre as actuacións violentas nas relacións veciñais. 9.- Aprobación, se procede, da moción presentada polos Grupos Políticos Municipais do PS de G-PSOE, BNG e EU-IU, sobre a necesaria ampliación de instalacións e servizos no Hospital do Salnés. 10.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo Grupo Político Municipal do BNG sobre o mantemento das oficinas de I + B e dos programas que desenvolven actualmente en materia de inclusión social, familias e menores. 11.- Aprobación, se procede, da moción presentada polos Grupos Políticos Municipais do BNG, sobre o pagamento en prazo ás persoas beneficiarias da Lei de Dependencia. 12.- Aprobación, se procede, da moción presentada polos Grupos Políticos Municipais do PP, sobre o establecemento do debate anual sobre o estado do Concello de Vilagarcía. 13.- Aprobación, se procede, da moción presentada polos Grupos Políticos Municipais de EU-IU, de apoio á mobilizaicón convocada o 12 de decembro por CC.OO e UXT. 14.- Interpelacións. 15.- Rogos e preguntos.
Ãrea de notas
Nota