ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Expedientes de sesións da Xunta de Goberno Local

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.3.6

  • Título Expedientes de sesións da Xunta de Goberno Local

  • Data(s) 2004-2019 (Creación) 2016 - (Produción) - 2021 (Produción)

  • Volume e soporte 329 unidades de instalación con 1.247 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición