Fondos
1. Inventario de bens
-
583/8. Expediente rectificación do inventario de bens e dereitos (1959-1960)
-
583/13. Expediente de cambio de calificación xurídica de soar (1962)
-
583/14. Expediente de rectificación do Inventario de Bens (1964)
-
10.700/4. Inventario dos bens propiedade do concello de Vilagarcía de Arousa (1934-1942)
-
10.700/5. Relación de instrumentos existentes na academia de música (1942)
-
13.195/4. Inventario da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais
-
15.273/13. Inventario da academia da Banda de Música Municipal (1929-1984)
-
15.273/14. Relación dos montes do Catálogo dos de utilidade pública
-
15.273/15. Relación do material móbil automovilístico propiedade do Concello (1958)
-
15.273/16. Relación de mobles e instalacións afectos ao balneario municipal (1961)
-
15.273/17. Inventario dos diferentes obradoiros da escola-taller de Vilagarcía de Arousa
Inventario de bens
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.3.1
Título Inventario de bens
Data(s) 1850-2009 (Creación) 1955-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Volume e soporte 12 unidades de instalación con 34 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Inventario de tódolos bens municipais, obrigatorio e renovable cada certo tempo, que recolle os datos da totalidade dos bens municipais, coa descrición dos mesmos, situación patrimonial, datos de interese e a súa valoración económica. Ten unha extraordinaria importancia en relación coa xustificación da propiedade municipal e a legalidade da mesma, podendo a partires desta documentación definir a evolución ao longo dos anos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)