Fondos
5. Expedientes de doazóns
-
592/14. Expediente de doazón ao Concello dun terreo destinado á construción dun camiño (1932)
-
592/20. Expediente de doazón de terreo para mellora de rúa (1966)
-
10.704/6. Expediente de doazón de terreos para a construción de camiño público en Cornazo de abaixo
-
10.704/7. Acta de entrega dunha parcela na estrada de Cesures a Carril (1933)
-
10.704/8. Expediente de doazón - cesión de terreos para plans de urbanización (1937)
-
10.704/9. Expediente de doazón de parcela sobrante de expropiación de obras (1946)
-
13.195/6. Solicitude de cesión dos camiños de servizo resultantes das obras da líña do AVE (2006)
-
19.264/6. Acta de cesión - doación dun terreo para ampliación de vía pública (1999)
-
10.704/10. Expediente de doazón - cesión de terreos para plans de urbanización (1949)
-
10.704/11. Expediente de doazón - cesión de terreos para a apertura de rúas en Agro da Igrexa
-
10.704/12. Expediente de doazón - cesión de terreos para plans de urbanización (1967)
-
10.704/14. Expediente de doazón - cesión de terreo para a apertura de rúa en Sobrán, Vilaxoán (1970)
-
10.704/15. Expediente de doazón de inmoble para ser derrubado e destinado á apertura de rúa (1972)
-
10.704/16. Expediente de doazón - cesión de terreo para a apertura de rúa (1974)
-
10.704/17. Expediente de doazón - cesión de kiosco para demolición ou uso municipal
-
10.704/24. Resolución sobre a cesión de terreo para obras de urbanización (1967)
-
10.704/26. Resolución sobre a petición de parcela para ubicación do edificio de Sanidade Exterior
-
15.274/10. Expediente de doazón ao Concello de terreo lindante co río Con (1904)
-
15.711/34. Expediente de doazón de terreos para a adecuación do camiño desde a Galufa a Zamar
-
15.711/35. Expediente de doazón do terreo para ensanche da travesía de San Roque
-
15.989/15. Expediente de doazón de terreo para entroncar a rúa Santa Eulalia coa carretera da Laxe
Expedientes de doazóns
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.3.5
Título Expedientes de doazóns
Data(s) 1904-2024 (Creación) 1998 - (Produción) - 2022 (Produción)
Volume e soporte 9 unidades de instalación con 47 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente mediante o que o concello incrementa o seu patrimonio a través dunha doazón libre ou suxeita a condición.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)