Fondos
PERSOAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.4
Título PERSOAL
Data(s) 1869-2020 (Creación) 1920 - (Produción) - 2022 (Produción)
Volume e soporte 599 unidades de instalación con 2.271 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo ao persoal funcionario e laboral, a súa disciplina e control, á seguridade social, clases pasivas e asuntos das mutualidades, á selección de persoal e ás relacións laborais e actividade sindical. Esta documentación é un elemento esencial para coñecer o funcionamento da administración e ten un especial interese para a defensa de dereitos e intereses dos traballadores, xa que deixan constancia dos servizos prestados e da súa relación coa administración ao longo da súa vida profesional.
Organizació
Esta 1ª división de sección, PERSOAL, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL: 2.4.1.1.- Correspondencia de persoal 2.4.1.2.- Cadros de persoal 2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal 2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario 2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado 2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación 2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións 2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar 2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal 2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais 2.4.2.2.- Control de horarios 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios 2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES: 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos 2.4.3.5.- Expedientes de pensións 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos 2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL: 2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos 2.4.4.2.- Solicitudes de emprego 2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL: 2.4.5.1.- Representación do persoal
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)