Fondos
1. Expedientes xurídicos
-
15.761/7. Resolución de recurso de alzada do Delegado de Facenda polo arrendo de consumos
-
15.761/8. Solicitud de Juan Cardalda interposición de recurso de alzada ante o Delegado de Facenda
-
16.805/6. Expediente de reclamación interposto por Jacinto Miguel Padín
-
16.828/1. Xuízo menor contía por Carmelo González Bahamonde contra Juan Oubiña Prego
-
15.761/26. Resolución de recurso de alzada do Gobernador Civil por multa por impago de arbitrios
-
15.761/53. Expediente solicitude certificación de matrícula industrial
-
15.761/54. Expediente solicitude certificación sobre solicitude licenza de obra de Rita Fabeiro Soto
-
15.761/55. Expediente solicitude certificación de amillaramento de parcelas rústicas.
-
15.761/56. Expediente solicitud certificación de data de oficio
-
15.761/57. Expediente solicitude certificación de obras en diferentes rúas
-
15.761/58. Expediente solicitude certificación de alta contribución territorial rústica
-
15.761/61. Expediente de solicitude de certificación de altas no padrón de casas e soares (1971)
-
15.761/62. Expediente solicitude certificación de proxectos de obra na rúa Méndez Núñez
-
15.761/63. Expediente solicitude certificación de ordenanza e plano rede distribución auga potable
-
15.761/64. Expediente solicitude certificación de licenza de obras
-
15.761/65. Expedientes solicitudes certificacións de contrato Combate Naval e accidente pirotécnico
-
16.827/15. Xuízo declarativo por Raúl Santiago Taracido contra Genara Rúa Balado e outros
-
16.827/18. Xuízo sobre revisión de renda por José Guerrero Trabazo contra Salustiano García Senra
-
16.827/19. Xuízo de menor contía por Agustina Collazo Quintela contra Renfe
Expedientes xurídicos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.5.1
Título Expedientes xurídicos
Data(s) 1869-2021 (Creación) 1935 - (Produción) - 2018 (Produción)
Volume e soporte 90 unidades de instalación con 638 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contén expedientes de procedementos civís, contencioso-administrativo, económico-administrativos, laborais e penais, os expedientes de recursos administrativos, os ditames e informes e as sentenzas. Os administrados teñen como primeira vía de reclamación na defensa dos seus dereitos o recurso ante o propio órgano do concello cando unha decisión do mesmo sexa considerada lesiva ou inxusta. Estes recursos e reclamacións, cos oportunos informes de letrados e técnicos municipais, resolven estas reclamación de carácter patrimonial, urbanístico ou facendístico. Noutras ocasión son o primeiro paso para o inicio dunha subseguinte vía xudicial ante o órgano oportuno por parte do interesado ou mesmo da propia administración local. Dentro dos expedientes xurídicos podemos atopar distintos tipos de procedementos, con simples informes ou ditames, redactados polo propia administración O recurso contencioso-administrativo é unha acción dos administrados, membros da corporación ou outras administracións públicas, ante a Xurisdición contencioso-administrativa, contra os actos e acordos das Entidades Locais que poñan fin á vía administrativa ou fagan imposible ou suspendan a súa continuación, previa interposición do recurso de reposición nos casos que proceda. A reclamación económico-administrativa, é efectuada polos administrados ante o Tribunal económico-administrativo provincial, fronte a determinadas resolucións de natureza tributaria, orzamentaria ou de normativa fiscal emanadas do Concello, en defensa dos seus intereses.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)