Fondos
ARQUIVO
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.7 
- Título ARQUIVO 
- Data(s) 1985-2009 (Creación) 1985 - 2009-00-00 (Produción) 
- Volume e soporte 3 unidades de instalación con 10 agrupacións agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo). 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido Esta 1ª división de sección, ARQUIVO, está composta por unha única serie documental: 
 2.7.1.- Expedientes do arquivo
 Escasa documentación producida polo arquivo na súa xestión e na relación cos órganos produtores, cos usuarios e no desenvolvemento das súas actuacións e actividades. Inclúense os instrumentos de control (libros rexistro de préstamos, libros rexistro de consultas, libros rexistro de transferencias, follas de remisión..)
- Organizació - Esta 1ª división de sección, ARQUIVO, está organizada nunha única serie documental: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.7.- ARQUIVO: 2.7.1.- Expedientes do arquivo 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador) 
 
 