Fondos
4. OBRAS PARTICULARES
OBRAS PARTICULARES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.3.1.4
Título OBRAS PARTICULARES
Data(s) 1871 - 2022 (Creación) 1872 - (Produción) - 2024 (Produción)
Volume e soporte 3.276 unidades de instalación con 56.726 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección, OBRAS PARTICULARES, está composta polas seguintes series documentais: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras Rexistro destinado a anotar as licenzas de obras concedidas polo órgano competente do concello, logo do oportuno expediente tramitado ao efecto. Recollen os datos básicos para a identificación de cada unha delas. 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz. 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a FENOSA, para tendidos de alta, media e baixa tensión, colocación de postes, centros de transformación etc. 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a TELEFÓNICA, para tendidos de telefónicos, colocación de postes e outras obras necesarias. 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína Expediente que se tramita para verificar o estado de conservación dun inmoble e determinar a necesidade ou non da súa demolición. 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas Expediente que se tramita con motivo da infracción de obras cometida por un cidadán, ben por construción sen licenza ou ben por non axustarse as condicións previstas na súa concesión. 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas Informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos: condicións de edificabilidade, liña de construción, calificacións urbanísticas. 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas Certificacións emitidas en base aos informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos.
Organizació
Esta 2ª división de sección, OBRAS PARTICULARES, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.1.- OBRAS E URBANISMO: 3.1.4.- OBRAS PARTICULARES: 3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras 3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares 3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA 3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica 3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína 3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas 3.1.4.7.- Informacións urbanísticas 3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)