Fondos
INTERVENCIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.1
Título INTERVENCIÓN
Data(s) 1851-2020 (Creación) 0000 - 2018 (Produción)
Volume e soporte 2.777 unidades de instalación con 4.841 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A intervención municipal encárgase da planificación e programación da actividade económica; controla e fiscaliza a xestión económica-financeira e presupostaria; e coordina as actividades contables da Entidade. Ao longo do século XIX as funcións da Intervención foron asumidas polo Contador, que pasaría a denominarse Interventor, quedando esta función acumulada nos pequenos concellos á figura do secretario-interventor.
Organizació
Esta 1ª división de sección, INTERVENCIÓN, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 4.- FACENDA: 4.1.- INTERVENCIÓN: 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados 4.1.1.4.- Tribunal de Contas 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención 4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS: 4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos 4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario 4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias 4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego Municipal Monte Santa Trega 4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais 4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo 4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS: 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario 4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS: 4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)