Fondos
4. Tribunal de Contas
-
14.105/4. Documentación do Consello de Contas de Galicia. (2000 - 2002)
-
10.379/13. Documentación do Tribunal de Contas (1982 - 1988)
-
10.379/14. Documentación do Consello de Contas de Galicia. (1992 - 1997)
-
10.557/13. Documentación do Tribunal de Contas (1972 - 1978)
-
10.557/14. Documentación do Consello de Contas de Galicia. (2000 - 2003)
-
15.586/17. Documentación do Tribunal de Contas (1975 - 1978)
-
15.586/18. Documentación do Tribunal de Contas (1977 - 1982)
-
15.586/19. Documentación do Tribunal de Contas (1978 - 1995)
-
15.586/20. Documentación do Tribunal de Contas (1982 - 1988)
Tribunal de Contas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.1.1.4
Título Tribunal de Contas
Data(s) 1970-2003 (Creación) 2000-2003 (Produción)
Volume e soporte 6 unidades de instalación con 17 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación presentada por imperativo legal ou a requirimento específico ante o Tribunal de Contas ou ante o Concello de Contas, no caso de Galicia, órgano que é o supremo órgano de fiscalización das contas e da xestión económica das entidades locais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)