Fondos
3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.1.3
Título PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
Data(s) 1925-1984 (Creación) 1925 - 1984-00-00 (Produción)
Volume e soporte 60 unidades de instalación con 249 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Foron regulados por vez primeira no ano 1835 e desapareceron coa aprobación do Real Decreto 3.183/1981, de 29 de decembro. Non estaban sometidos ao principio de anualidade, nin de unicidade, e a súa elaboración non era obrigatoria ao redactarse para fins concretos (imprevistos, obras novas de consideración, etc.). Créanse para dispor de fondos para obras novas ou finalización e melloras en obras xa executadas, para imprevistos, para obras moi importantes ou para executar sentenzas de tribunais. 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario É o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos da Corporación Municipal non previstos no presuposto ordinario (contas, libros de contabilidade, mandados).
Organizació
Esta 2ª división de sección, PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS, está organizada nunha única serie documental: 4.- FACENDA: 4.1.- INTERVENCIÓN: 4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS: 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)