ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.1.4

  • Título PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS

  • Data(s) 1981-1986 (Creación) 1981-00-00 - 1986-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 37 unidades de instalación con 42 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Xorde ao entrar en vigor a Lei 49/1981, como consecuencia da desaparición dos extraordinarios. Estará sometido ao principio de anualidade. A Lei 7 /1985 porá fin a esta serie documental que puido tramitarse entre 1982 e 1985. 4.1.4.1.- Expediente xeral do presuposto de investimentos: É o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos que se van producir ao se poñer en marcha os programas de investimentos da Corporación Municipal (contas, libros de contabilidade, mandados).

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS, está organizada nunha única serie documental:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS:
    
    4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición