ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

IMPOSTOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.2.1

  • Título IMPOSTOS

  • Data(s) 1840-2010 (Creación) 1840 - 2018 (Produción)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A gran diversidade, variedade e complexidade son as características que definen ás figuras tributarias impostas polos concellos ó longo da súa historia para acadar recursos cos que financiar as súas actividades. Este dato ponse especialmente de manifesto no caso de arbitrios e impostos, os cales soen ser clasificados entre directos e indirectos. Son impostos directos aqueles que recaen directa e definitivamente sobre o contribuínte, sen posibilidade de repercusión sobre outra persoa; gravan cousas ou situacións duradeiras polo que permiten a formación dun padrón, matrícula ou rexistro de contribuíntes; e gravan unha manifestación inmediata da capacidade contributiva (patrimonio ou renda). Os impostos directos poden ser persoais ou subxectivos e reais ou obxectivos: os impostos persoais gravan o conxunto de rendas de cada contribuínte tendo en conta as súas situacións persoais namentres os impostos reais gravan as rendas con independencia das circunstancias persoais do contribuínte. Por contra, os impostos indirectos son aqueles que o contribuínte pode trasladalos ou repercutilos sobre outra persoa, están ligados a acontecementos pasaxeiros e gravan unha manifestación indirecta ou mediata da capacidade contributiva (o consumo da renda). Á súa vez, divídense en impostos de consumo, impostos de circulación (gravan a parte da renda que se destina a bens de inversión) e impostos de tráfico (gravan o tránsito material de bens sen que exista un cambio de titularidade). Podémonos atopar moitas variantes de impostos: arbitrios provinciais, contribución por gandería independente, contribución industrial/matrícula industrial/licenza fiscal/IAE, contribución territorial rústica e pecuaria / IBI, contribución territorial urbana/IBI, imposto sobre circulación de vehículos, imposto sobre instalacións, construcións e obras, imposto de consumos, plusvalías O imposto grava a riqueza individual dun suxeito, tendo en conta unha serie de feitos ou actos que se presumen ou tipifican legalmente como manifestacións da riqueza. 4.2.1.1.- Xunta Pericial As Xuntas Periciais xorden unidas ao cambio impositivo establecido en 1845. Xa nese ano se establece que cada ano se nomeen un numero de persoas entre os contribuíntes de cada concello para facer o repartimento da contribución territorial, igual ao número de concelleiros. Encargábanse de revisar as declaracións xuradas de bens rústicos e urbáns dadas polos veciños. Entre as súas función estaba a de establecer a cota correspondente a pagar por cada un dos veciños. Será una Real Orde de 1859 a que crea oficialmente as Xuntas Periciais, formada por peritos repartidores nomeados por catro anos a partir de agora. Está presidida polo Alcalde, sendo vicepresidente un concelleiro. Entre as súas funcións, co tempo estará a conservación e actualización dos amillaramentos e o mellor reparto da contribución territorial. A lei de 1906 crea o Catastro, que será a enumeración descritiva, literal e gráfica dos presido rústicos, forestais, solares, edificios..coa expresión da súa superficie, lindeiros, cultivos, calidades, co que o traballos das Xuntas Periciais será potenciado, controlando as sucesivas modificacións do mesmo. Este organismo pervive na actualidade relacionado co Centro de Xestión Catastral. 4.2.1.2.- Contribución territorial rústica Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial rústica, repartida entre os veciños en base a propiedade de terrenos e a cualidade e capacidade dos mesmos. Atopamos os libro de afanegados, os amillaramentos e a documentación xenerada para a elaboración dos mesmos e as súas modificacións sucesivas; dende mediados do século XX aparecen os padróns de rústica e os cadernos auxiliares para a súa elaboración e modificación anual. 4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente Padróns da contribución por tenza de gandos 4.2.1.4.- Contribución territorial urbana Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial por bens de natureza urbana, tanto os repartimentos e padróns, como a documentación para o seu mantemento: altas, baixas e modificacións de datos. 4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares Rexistro dos solares a efectos fiscais, con datos de situación, lindeiros, datos do rexistro da propiedade e valoración. Normalmente agrúpanse por parroquias. 4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal Tributo directo de carácter real, cuxo feito impoñible está constituído polo mero exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas. Desde a Lei 39/88 Imposto de actividades económicas (IAE). 4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías Expediente de impostos municipais sobre o incremento de los terrenos. Es el expediente por el que se determina la tributación que corresponde al aumento del valor de un inmoble que se pon de manifesto na transmisión deste ben. Establecido polo Real Decreto de 13 de marzo de 1919 como arbitrio municipal. 4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos Agrupación de series con rexistros e expediente que se tramitan para determinar e regular a tributación que corresponde ao contribuínte pola circulación do vehículo. Destacan os padróns de vehículos, altas e baixas e transferencias. Os antecedentes remóntanse a 1871 que permite gravar a tenza de carruaxes de luxo(1871-1924); posteriormente o Imposto da Patente Nacional de Circulación de Vehículos, creado por Real Decreto - Lei de 29 de abril de 1927, que sería substituído polo actual imposto municipal de circulación de vehículos, xa en 1966. 4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se grava o consumo de especies de viño, sidra, augardente, licores, aceites, xabón e carnes, concibido como un imposto municipal sobre os comestibles e outros xéneros que se introducen nunha poboación para vendelos ou consumilos nela. Inclúe o Repartimento Xeral de Utilidades, establecido en 1840 autorizando a facer un reparto veciñal para cubrir gastos municipais en relación coas utilidades existentes en cada parroquia. 4.2.1.10.- Arbitrios provinciais Arbitrio provincial de rodaxe e arrastre 4.2.1.11.- Contribucións especiais Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se determina a tributación polo beneficio ou aumento de valor dos bens de persoas físicas ou xurídicas, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos. Aparecen en 1840, anque a primeira regulación do mesmo aparece n 1917 4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras É un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra ou urbanística. 4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES) Son aqueles que constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por chan, edificios, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de forma definitiva para o seu funcionamento, se configura para efectos catastrais como un único ben inmoble.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, IMPOSTOS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN
    
    4.2.1.- IMPOSTOS:
    
    4.2.1.1.- Xunta Pericial
    4.2.1.2.- Contribución territorial rústica
    4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente
    4.2.1.4.- Contribución territorial urbana
    4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares
    4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal
    4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías
    4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos
    4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos
    4.2.1.10.- Arbitrios provinciais
    4.2.1.11.- Contribucións especiais
    4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras
    4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición