Fondos
TESOURARÍA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.3
Título TESOURARÍA
Data(s) 1851-2024 (Creación) 1851 - 2019 (Produción)
Volume e soporte 1.958 unidades de instalación con 3.400 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A Tesouraría das Entidades Locais está constituída polos recursos financeiros, sexan diñeiro, valores ou créditos da Entidade Local. As función encomendadas á tesouraría son: recadar os dereitos e pagar as obrigacións; centralizar os fondos e valores xerados por operacións presupostarias e extrapresupostarias, distribuír no tempo as disposicións en diñeiro para satisfacer as obrigacións e responder dos avais contraídos. O antecedente do Tesoureiro encontrámolo no Mordomo do S. XIII. As súas funcións eran as de presentalas contas e libranzas que expedía o alcalde, levar a cabo os cobros e custodiar os depósitos. Estas funcións que podían ser outorgadas a calquera veciño que merecera a confianza dos membros da Corporación ou ben declarala como cargo municipal. Por R.D. de 10 de xuño de 1930 crease o corpo de Depositarios de fondos da Administración Local, corpo que será disolto durante a II República e rehabilitado coa Lei de Bases de 1935. A partir de 1945 os Depositarios van a sufrir poucas variacións nas súas funcións, a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o R.D. Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local defíneos como funcionarios de habilitación nacional que teñen atribuída a responsabilidade administrativa das funcións da tesouraría, que inclúe o manexo e custodia de fondos e valores da entidade e a recadación. Recolle a documentación xerada polo departamento facendístico homónimo, encargado da xestión dos recursos financeiros, sexan valores, diñeiro ou créditos, da entidade local. As funcións encomendadas á Tesouraría son: recadar os dereitos e pagar as obrigas, centralizar os fondos e valores xerados por operacións presupostarias e extrapresupostarias e distribuír no tempo as dispoñibilidades de capital para satisfacer as obrigas e responder ós avais contraídos. Segundo o artigo 5 do R.D. 1174/1987 será función da tesouraría o manexo e custodia de fondos, valores e efectos da entidade local e a realización de cantos cobros e pagamentos corresponda ós fondos e valores da entidade.
Organizació
Esta 1ª división de sección, TESOURARÍA, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 4.- FACENDA: 4.3.- TESOURARÍA 4.3.1.- CAIXA: 4.3.1.1.- Actas de arqueo 4.3.1.2.- Libro de caixa 4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances 4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais 4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos 4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos 4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría 4.3.1.8.- Partes de caixa. 4.3.2.- RECADACIÓN: 4.3.2.1.- Contas de recadación 4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria 4.3.3.- CONTAS BANCARIAS: 4.3.3.1.- Contas correntes 4.3.3.2.- Libro de contas correntes 4.3.3.3.- Libro rexistro de facturas 4.3.3.4.- Libro de descontos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)