ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

CONCELLO DE NIGRÁN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG.

  • Título CONCELLO DE NIGRÁN

  • Data(s) 1807-2021 (Creación) 1017-02-20 - 2021-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 9.653 unidades de instalación con 81.960 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

  • Historia arquivística A casa do concello é un edificio de baixo e planta, que combina a pedra e o ferro como elementos constructivos, dotado de amplos ventanais que marcan o seu aspecto exterior; dependendo da configuración do terreo, ten un aproveitamento en semisoto nunha das súas as, así como dunha parte da estructura baixo cuberta. O local destinado a arquivo, ocupa precisamente a metade do espacio aproveitable no soto do edificio, con acceso dende o distribuidor da entrada e dende o salón de sesións; a parte posterior da Casa Consistorial ten acceso directo a sala colateral do arquivo, destinada a garaxe e almacén municipal e que deberá, no seu día, servir de espacio para necesarias ampliacións. O arquivo dispón dunha superficie total de 42 metros cadrados, sen ventilación exterior nin iluminación natural, pero que, por ser recente a súa construcción presenta boas condicións de habitabilidade. O elevado volume documental conservado fixo necesario atopar o máximo aproveitamento deste espacio dispoñible, polo que dotouse dunha estantería metálica compactada, cun total de dez corpos de estantería fixos, nos laterais , e cinco módulos móbiles de dez corpos cada un, de dobre ancho, que supón un total de 410 metros lineais, dos que se han ocupado con documentación un oitenta por cento. A escaseza da superficie do local impide a colocación de mobiliario para consulta e tratamento documental. Como queira que este local no foi suficiente para dispor a totalidade da documentación, na espera de remtar a ampliación da casa do concello ténse habilitado un novo depósito local nun edificio próximo á casa do concello. O proceso técnico de organización do fondo documental conservado no municipio de Nigrán, iniciase no ano 1987, coincidindo co remate das obras de reforma da casa do concello e o necesario traslado da documentación dende as instalacións provisionais que ocupaba este por aquel entón. Por este motivo a documentación presentaba un grado elevado de desorde e un estado de conservación deficiente, pese o cal o volume da mesma era abundante. Rematada esta primeira fase acometeuse unha actuación de reincorporación no ano 1990, e outra no ano 2000 de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, quedando sen finalizar. Dende esta data asume o propio concello, mediante a contratación de persoal específico para o arquivo, o control e xestión do mesmo, posto que ocupa dende ese ano Cristina Aballe Román. Finalmente no ano 2005 establécese unha nova colaboración a fin de rematar o proceso de adpatación iniciado no 2000 e para a incorporación de novos fondos documentais producidos nestes últimos anos. Todos estes traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo Cristina Aballe Román Jorge Abel Otero Ana Álvarez Villar Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo Jacobo Domínguez Pedreira Alfonso Ferreiro Monteagudo Purificación García Blanco Blanca García-Señoráns Álvarez Manuela González Rey Borja Mazaira Fernández Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Revenga Portela Montserrat Romero Alonso Iñaki Varela Pérez Margarita Veiga Villaverde

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Culminado este conxunto de procesos técnicos conta o arquivo municipal cun total de 4.556 unidades de intalación nas que se dispoñen a totalidade dos documentos, libros e expedientes, abarcando un periodo temporal que vai de 1807 ata o 2008. É abundante a documentación conservada neste arquivo producida no século pasado, así os libros de actas do pleno consérvanse dende 1837 , os da Comisión Permanente, completos dende 1924 e os da Xunta Municipal de Asociados dende 1878. Resaltar especialmente os libros de afanegado dende 1807, os censos da poboación dende 1817 e os libros do rexistro de nacementos, defuncións e matrimonios dende 1841. Os libros resultantes da xestión orzamentaria consérvanse con certa continuidade dende os anos oitenta no século pasado. Os documentos illados e expedientes referidos a sesións da Corporación, alcaldes e concelleiros consérvanse, en parte, dende 1837; destacar así mesmo documentación sobre persoal , asuntos xurídicos e orzamentos dende 1842; os de quintas e patrimonio dende 1837 e a documentación sobre usos e consumos, rústica e urbana dende 1836 e 1844, respectivamente.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 10.321 rexistros Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 53.633 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición