Fondos
2. ALCALDE
ALCALDE
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..1.2
Título ALCALDE
Data(s) 1837-2021 (Creación) 1837 - (Produción) - 2024 (Produción)
Volume e soporte 87 unidades de instalación con 228 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O alcalde como institución remóntanse ao século XI, cun carácter inicialmente xudicial, formando parte dos concellos existentes en cada pobo. Así a figura do alcalde aparece nas máis antigas leis casteláns (Foro Real, Foro Vello, as Partidas..) sempre cunha función preferentemente xudicial. O nomeamento dos alcaldes correspondía ao Rei ou aos señores laicos ou eclesiásticos dependendo do señorío de cada territorio. Pouco a pouco van asumindo tamén funcións económicas, coincidindo co desenvolvemento da vida urbana e da importancia das cidades e pobos. Na idade contemporánea limítanse estas funcións xudiciais a partires de 1812 e definitivamente dende 1855 e coa aparición dos xulgados de paz e rexistros civís en 1870. Pola contra realzase esta figura como representante o cabeza do concello e mesmo como delegado do goberno no seu territorio. As súas atribucións principais, que derivan na produción dos oportunos documentos e expedientes, serían as de representar ao concello; convocar e presidir as sesións dos órganos colexiados de goberno; nomear cargos municipais, especialmente os tenentes de alcalde; dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras municipais; ditar bandos; desenvolver a xestión económica de acordo cos presupostos aprobados; dispor gastos; aprobar a oferta de emprego e as bases de selección do persoal, así como desempeñar a xefatura de todo o persoal; exercer a xefatura da policía local; aprobar os instrumentos de xestión urbanística e os proxectos de urbanización, obras e servizos; adoptar medidas en caso de catástrofe e infortunio público; sancionar as faltas de desobediencia á autoridade ou as infraccións ás ordenanzas municipais; a adquisición de bens mobles e inmobles; outorgar licenzas, publicar e executar os acordos municipais. Na 1ª división de sección 1.2. ALCALDE atopamos documentos e expedientes relacionados coa función executiva e representativa deste órgano de goberno unipersoal. Entre as series que podemos atopar destacan: 1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía Correspondencia emitida e recibida pola Alcaldía do concello. 1.2.2.- Certificacións e informes dá Alcaldía Certificacións e informes diversos emitidos pola Alcaldía 1.2.3.- Decretos. Resolucións Documentos que recollen a decisión da Alcaldía ou determinación sobre calquera materia ou negocio dentro das súas moitas competencias. 1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía Rexistro onde se transcriben as resolucións do Presidente da Corporación ou dos membros da mesma que resolvan por delegación. É un documento simple, normalmente en libro encadernado ata finais do século XX, onde empezan a facerse informaticamente e logo son impresos. Ten sempre dilixencia de apertura e peche. 1.2.5.- Bandos. Edictos Norma ditada polo Alcalde na que se fan públicas ordes precisas para o bo goberno do municipio, destinadas a tódolos veciños do concello. Normalmente é unha folla de gran tamaño con moitos exemplares destinados á súa exposición pública, coa finalidade de dar publicidade as decisións da Alcaldía. É polo tanto un documento simple, con encabezamento (Palabra BANDO), protocolo (nome e cargo que o emite, sempre o Alcalde ou substituto legal), texto que se tenta difundir, data e firma. 1.2.6.- Libro rexistro de bandos Rexistro dos bandos ditados pola Alcaldía, con data e resumo de cada un deles. 1.2.7.- Libro rexistro de edictos Rexistro dos edictos emitidos dende o concello. 1.2.8.- Expedientes de protocolo Agrupación de series que plasman o conxunto de actuacións que se seguen para conceder as diferentes distincións honoríficas (Fillo Predilecto, Adoptivo, Membro Honorario da Corporación…) atendendo aos méritos, calidades e circunstancias singulares que concorren no interesado. Xunto a elo poden atoparse os propios regulamentos para esta concesión e tódolo relacionado coa actividade protocolaria da institución, entre eles os expedientes de irmanamento, os expedientes de actos públicos, libros de sinaturas, os expedientes de denominación de rúas, fotografías de actos públicos, notas de prensa... En moitas ocasións recollen fotografías, recortes de prensa, publicacións ou información diversa sobre os actos públicos. 1.2.9.- Heráldica municipal Expedientes sobre adopción ou modificación dos símbolos do concello, especialmente o seu escudo e bandeira. 1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo Agrupación de series que recollen a documentación relacionada coa figura do alcalde en calidade de representante da administración central no seu territorio: sancións gobernativas, apercibimentos, achados de bens, permisos de armas, cédulas persoais, lotarías, comparecencias... Destacan os relacionados cos gardas xurados ou vixiantes: expediente polo que o Alcalde como delegado gobernativo nomea a unha persoa encargada da custodia dos bens particulares mediante proposta do propietario dos mesmos. 1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía Agrupación de series que recollen as distintas funcións xudiciais ou de fe pública que detentaban os alcaldes; moitas delas cesan a partir de 1870 co establecemento dos xulgados de paz e os rexistros civís. Inclúe xuízos de faltas, causas civís e criminais, xuízos de conciliación e matrimonios civís entre outros. 1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía Rexistro da correspondencia específica recibida ou emitida pola Alcaldía.
Organizació
Esta 1ª división de sección, ALCALDE, está organizada nas seguintes series documentais: 1.- GOBERNO: 1.2.- ALCALDE: 1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía 1.2.2.- Certificacións e informes da Alcaldía 1.2.3.- Decretos. Resolucións 1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía 1.2.5.- Bandos. Edictos 1.2.6.- Libro rexistro de bandos 1.2.7.- Libro rexistro de edictos 1.2.8.- Expedientes de protocolo 1.2.9.- Heráldica municipal 1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo 1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía 1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)