ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de protocolo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..1.2.8

  • Título Expedientes de protocolo

  • Data(s) 1846-1995 (Creación)

  • Volume e soporte 7 unidades de instalación con 17 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Agrupación de series que plasman o conxunto de actuacións que se seguen para conceder as diferentes distincións honoríficas (Fillo Predilecto, Adoptivo, Membro Honorario da Corporación…) atendendo aos méritos, calidades e circunstancias singulares que concorren no interesado. Xunto a elo poden atoparse os propios regulamentos para esta concesión e tódolo relacionado coa actividade protocolaria da institución, entre eles os expedientes de irmanamento, os expedientes de actos públicos, libros de sinaturas, os expedientes de denominación de rúas, fotografías de actos públicos, notas de prensa... En moitas ocasións recollen fotografías, recortes de prensa, publicacións ou información diversa sobre os actos públicos.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición