ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.4.3

  • Título CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES

  • Data(s) 1908-2014 (Creación) 1908-00-00 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 40 unidades de instalación con 116 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os expedientes desta división de sección derivan co carácter mutualista dos concellos respecto do seu persoal, para o cal teñen previsto un réxime de asistencia e cobertura socio-sanitaria, ben propio ou ben en colaboración con outras administracións. Neste ámbito ademais da axuda familiar e da concesión de bolsa, podemos atopar documentación relacionada coa Mutualidade nacional de previsión da Administración Local, coa Seguridade Social. 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral. 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións. 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto. 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral. 2.4.3.5.- Expedientes de pensións Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade etc. 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos Documentos relacionados cos pagamentos a persoal pasivo dos concellos, que serven de testemuña de abono de pensións e gratificacións recibidas

  • Organizació

    Está 2ª división de sección, CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES, está composta polas seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES:
    
    2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL
    2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social
    2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica
    2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos
    2.4.3.5.- Expedientes de pensións
    2.4.3.6.- Nóminas de pasivos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición