ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

SELECCIÓN DE PERSOAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.4.4

  • Título SELECCIÓN DE PERSOAL

  • Data(s) 1866-2014 (Creación) 1866 - 2020 (Produción)

  • Volume e soporte 168 unidades de instalación con 414 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección, SELECCCIÓN DE PERSOAL, está conformada polas seguintes series documentais: 2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos Expediente tramitado para a provisión de prazas de persoal mediante probas de selección nas súas modalidades de oposición, libre ou restrinxida, concurso-oposición ou simplemente concurso. Recollen habitualmente todo o proceso que vai dende a convocatoria, solicitudes, proceso de selección a proposta de nomeamento do persoal seleccionado. 2.4.4.2.- Solicitudes de emprego Instancia dirixida ao Alcalde na que se lle solicita un posto de traballo nas moitas dependencias ou actividades desenvoltas polos concellos

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, SELECCCIÓN DE PERSOAL, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL:
    
    2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos
    2.4.4.2.- Solicitudes de emprego

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición