ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

REPRESENTACIÓN DO PERSOAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.4.5

  • Título REPRESENTACIÓN DO PERSOAL

  • Data(s) 1974-2012 (Creación) 1974-00-00 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación con 12 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección, REPRESENTACIÓN DO PERSOAL, está composta por unha única serie documental: 2.4.5.1.- Representación do persoal Recolle un amplo espectro documental relacionado coa actividade sindical de reivindicación, negociación e solución de moitos asuntos relacionados coa defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral dos concellos; entre eles destaca a documentación relacionada coa negociación dos convenios colectivos, coas folgas de traballadores e coas eleccións sindicais e a formación dos diferentes órganos de representación sindical (Xunta de persoal, Comisión Paritaria, Comité de Empresa...). Os convenios colectivos supoñen un pacto ou acordo resultante da negociación desenvolta polos representantes dos traballadores e a corporación, libremente adoptado por eles en virtude da súa autonomía colectiva e supoñen na práctica un texto que recolle dito pacto ou acordo, especificando polo miúdo os dereitos e deberes dos traballadores afectados, complementando á lexislación estatal ou autonómica.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, REPRESENTACIÓN DO PERSOAL, está organizada por unha única serie documental:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL:
    
    2.4.5.1.- Representación do persoal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición