ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CONTRATACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.6

  • Título CONTRATACIÓN

  • Data(s) 1861-2015 (Creación) 1861-00-00 - 2018-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 421 unidades de instalación con 2.325 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo aos procesos de contratación, nas súas modalidades diferenciadas, de acordo coa lexislación vixente en cada momento. 2.6.1.- Expedientes de contratación Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado. 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa Expedientes que recolle as fórmulas de contratación reguladas, habituais nos procesos de contratación de maior contido ou valor económico. Os expedientes teñen as bases dos proceso, a presentación de oferta, a valoración das mesmas e a adxudicación da obra ou servizo a contratar. 2.6.3.- Libro rexistro de plicas Libro no que se rexistran os sobres pechados e selados que conteñen as ofertas para as poxas ou concursos dos contratos municipais 2.6.4.- Poxas de madeira Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal. 2.6.5.- Devolución de fianzas Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas. Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, CONTRATACIÓN, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.6.- CONTRATACIÓN:
    
    2.6.1.- Expedientes de contratación
    2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa
    2.6.3.- Libro rexistro de plicas
    2.6.4.- Poxas de madeira
    2.6.5.- Devolución de fianzas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición