Fondos
- ES.GA.36005.AELMA.. ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA 
ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36005.AELMA. 
- Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA 
- Data(s) 1946-1995 (Creación) 1946-00-00 - 2000-00-00 (Produción) 
- Volume e soporte 89 unidades de instalación con 104 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade 
Área de contexto
- Nome do produtor Entidade Local Menor de Arcos da Condesa(1946-) Formada pola parroquia de Santa Mariña de Arcos da Condesa, que se integra no concello de Caldas de Reis, conta cos lugares do Ámeal, A Arosa, Badoucos, Ceboleira, Foxacos, Marán, Penalta, San Martiño e Valsordo, cunha extensión total de 760 hectáreas nos que residen 640 veciños. Esta parroquia fora un “Coto” na configuración propia do Antigo Réxime, pero nunca chegara a te-la consideración de concello nos períodos liberais previos á configuración definitiva dos concellos constitucionais. Xorde como Entidade Local Menor polo Decreto de 18 de xaneiro de 1946, a proposta do Ministerio da Gobernación, culminando un proceso iniciado dos años antes. A primeira Xunta Veciñal constitúese o 23 de agosto de 1946, baixo a presidencia de D. Julio Ocampo Coto. 
- Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Arcos da Condesa 
- Historia arquivística A documentación consérvase no local da propia Entidade Local Menor, un edificio de nova construcción no que se dispoñen, ademais das oficinas e salas de reunión, os principias servizos que esta institución presta, como son a aula de educación preescolar e a biblioteca pública da Entidade Local. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. 
- Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido Do conxunto documental destaca a conservación dos libros de actas da propia Xunta Veciñal, dende o ano 1952, con continuidade ata a actualidade. 
 A maior parte da documentación corresponde á sección da Facenda (75,5%); en menos medida á prestación de servizos e funcionamento administrativo da Entidade (10% en cada caso), dispóndose en catro unidades de instalación (4,5%) a documentación derivada do funcionamento dos órganos de goberno.
- Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. 
- Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. 
- Organizació - CADRO DE CLASIFICACIÓN 0.- ÓRGANOS SUPERIORES 1.- GOBERNO 1.1.- XUNTA ADMINISTRATIVA 1.2.- ALCALDE PEDÁNEO 1.3.- COMISIÓNS ESPECIAIS 2.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS 2.1.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA 2.1.1.- SECRETARÍA 2.1.2.- REXISTRO XERAL 2.1.3.- PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 2.1.4.- PERSOAL 2.1.5.- ELECCIÓNS 2.1.6.- ARQUIVO 2.2.- XESTIÓN DE SERVIZOS 2.2.1.- OBRAS E URBANISMO 2.2.2.- SEGURIDADE CIDADÁ 2.2.3.- EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 2.2.4.- PRESTACIÓN SOCIAL SUBSTITUTORIA 2.2.5.- SANIDADE E MEDIO AMBIENTE 2.2.6.- SERVIZOS SOCIAIS 3.- XESTIÓN ECONÓMICA 3.1.- PRESUPOSTO ORDINARIO 3.2.- PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 3.3.- FACTURAS E EXTRACTOS BANCARIOS 
Área de condicións de acceso e utilización
- Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. 
- Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade 
- CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais 
- Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel. 
Área de documentación
- Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo. 
- Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). 
- Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. 
Ãrea de notas
- Nota O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo. 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de materias Entidade local menor España Galicia Pontevedra Caldas de Reis Arcos da Condesa (Santa Mariña) 
- Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Caldas de Reis Arcos da Condesa (Santa Mariña) 
- Nome dos puntos de acceso Entidade Local Menor de Arcos da Condesa (Tema) (Creador) 
 
 