Fondos
Libro de actas da Xunta Veciñal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36005.AELMA..1.1.1
Título Libro de actas da Xunta Veciñal
Data(s) 1952-1993 (Creación) 1952-00-00 - 1993-00-00 (Produción)
Volume e soporte 2 unidades de instalación con 2 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Arcos da Condesa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor, asinadas polo menos polo secretario e o Alcalde pedáneo. Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Entidade Local Menor. A Xunta Veciñal está integrado por todos os representantes da Entidade e é presidido polo Alcalde pedáneo. O número de representantes que haberá de elixirse para cada Entidade depende da poboación que habite no seu termo xurisdicional.
Ãrea de notas
Nota