Fondos
1. Expedientes de urbanismo e planificación
-
110/3. Plan Especial de Reforma Interior III - 1 Bembrive (1986)
-
111/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Propostas municipais (1992)
-
112/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Alegacións (1992)
-
146/5. Plan Especial de mellora do medio rural. Miraflores (1996)
-
205/1. Expediente de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (1998)
-
205/2. Expediente de subvencións para obras e equipamentos das Entidades Locais de Galicia (2000)
-
368/9. Expediente de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (2000)
-
369/1. Expediente de obras de acondicionamento da Alameda de Bembrive. Plano (2002)
-
369/5. Expediente de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (2003)
-
369/7. Expediente de obras de urbanización da zona da Pedra e Lameiro (2004)
-
370/1. Expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal (2005)
-
374/9. Expediente de remodelación da rede de transporte público por parte de Vitrasa (2001)
-
376/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Volume II, III e IV (2002)
-
377/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Volume IV e V (2002)
-
378/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Volume II e III (2002)
-
379/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Volume IV, V e VI (2002)
-
380/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Volumen IV (2002)
-
415/1. Expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (2000)
-
415/2. Expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (2002)
-
415/4. Expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (2008)
-
429/9. Expediente de obras diversas adxudicadas a favor de Construcciones TJ. Facturas (2008)
-
430/2. Expediente de obras de urbanización na zona da Pedra e do Lameiro (2008)
-
487/1. Expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. Tomo III (2005)
-
531/1. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Proposta de modificación (2012)
-
577/1. Memoria valorada de medida técnica executable nas marxes do Río Mosteiro (2014)
-
577/2. Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. Proposta de modificación (2011)
-
577/3. Informe sobre a situación dun camiño nu zona do Pouso
-
577/5. Informe de clasificación de obras e comprobación de obras realizadas (2015)
-
577/7. Proxecto básico e de execución de obras complementarias no camiño de Freire
-
577/9. Expediente de obras de reparación da pista forestal da Fraga (2016)
-
578/1. Proxecto de mellora na Rúa Novelas e construción dunha área de recreo nas Chans (2011)
-
608/1. Proxecto de valoración da senda do río Eifonso - Bembrive (2009)
-
608/2. Proxecto de reposición de marcos no monte San Cibrán, Aradas e outros (2008)
-
610/4. Proxecto de decreto de regulamento de planeamento urbanístico da Xunta de Galicia (c.a.2000)
-
611/5. Plano do territorio da Entidade Local menor de Bembrive en cor (c.a.2010)
-
611/6. Fotocopias de planos de ampliación do saneamento de Bembrive (c.a.2000)
-
611/7. Plano e alzado do edificio para almacén da Entidade Local Menor (c.a.2010)
-
611/8. Datos de obras levadas a cabo no ano 2003 por parte da Entidade Local Menor (2003)
-
612/1. Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vigo (Consultora Galega, S.L.)
-
612/2. Plan especial de mellora do medio do núcleo rural de Miraflores - Bembrive (1994)
-
626/2. Revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo. Planos de Ordenación (1998)
-
717/1. Expediente de asesoramento sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (2021)
-
368/10. Expediente de urbanización e adecuación como zona urbana da Zona da Pedra e Lamiera
-
374/17. Expediente de remodelación da rede de transporte público por parte de Vitrasa (1992-2002)
-
500/28. Expediente de obras menores. Presupostos das empresas (2011)
-
501/12. Expediente de obras menores. Presupostos das empresas (2013)
-
578/10. Expediente de obras de construción dunha área recreativa en Xestas (2014)
-
578/11. Anteproxecto de rehabilitación dun muíño existente no Camiño do Pouso (2014)
Expedientes de urbanismo e planificación
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AELMB.2.2.1.1
Título Expedientes de urbanismo e planificación
Data(s) 1977 - 2024 (Creación) 1990 - (Produción) - 1990 (Produción)
Volume e soporte 34 unidades de instalación con 79 agrupacións documentais
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Nesta serie atópanse os documentos relativos á organización do espazo urbano das Entidades Locais Menores, incluídos nunha agrupación de series única que recolle as distintas modalidade de planificación global ou parcial do territorio. Os expedientes de planificación urbanístico están comprendidos por aqueles plans ou programas redactados nos concellos para regular e ordenar urbanísticamente o seu termo municipal, á marxe dos proxectos e licenzas de obras públicas e privadas nas que posteriormente se concrete o seu desenvolvemento. As súas orixes habería que situalas xa no século XIX aínda que o seu desenvolvemento e repercusión práctica está especialmente presente dende a promulgación da Lei do Solo de 1956. Non obstante, a complexidade da ordenación urbanística motiva a existencia de figuras e programas de ordenación urbanística diversos que podemos englobar principalmente baixo os seguintes títulos: Plans xerais de ordenación urbana, como expediente tramitado para definir os elementos fundamentais da estrutura xeral adoptada para a ordenación urbanística do territorio e para establecer o programa para o seu desenvolvemento e execución, así como o prazo mínimo da súa vixencia sendo, polo tanto, un instrumento de ordenación integral. Plan parciais de ordenación urbana, como instrumentos para desenvolver, no solo clasificado como urbanizable programado, o plan xeral e no seu caso as normas complementarias e subsidiarias do planeamento, mediante a ordenación detallada dunha parte do seu ámbito territorial, e no solo clasificado como urbanizable no programado para desenvolver os programas de actuación urbanística. Plans especiais urbanísticos (de reforma interior), como expedientes tramitados para desenvolver no chan urbano unha actuación illada encamiñada á creación de dotacións urbanísticas e equipamento comunitario, saneamento de barrios insalubres, resolución de problemas de circulación ou estética e mellora do medio ambiente, servizos públicos,... aténdose ós principios do plan xeral. Expedientes de constitución de xuntas de compensación urbanísticas, como o expediente que ten por obxecto a xestión e execución da urbanización dun polígono ou unidade de actuación polos mesmos propietarios do solo comprendido no seu perímetro, con reparto de beneficios e cargas; Expedientes de estudos de detalle urbanísticos, como instrumento urbanístico que ten por finalidade arbitrar un procedemento flexible, de tramitación rápida, que permita completar ou adaptar a realidade urbanística os plans xerais, de tratarse de solo urbano, e os plans parciais, nos demais casos, reaxustándoos e detallándoos nas súas deficiencias e imprevisións, en relación exclusiva coas aliñacións, rasantes e ordenacións de volumes. Normas subsidiarias e complementarias como expedientes de planeamento que establecerán as disposicións que deberán ser aplicadas nos municipios que carezan de plan xeral de ordenación municipal sendo tamén de aplicación, con carácter complementario, para suplir as indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente, sen modificar a cualificación do solo nin alterar as determinacións do planeamento que complementan. Plans metropolitanos e plans provinciais de ordenación urbana redactados os primeiros nas principais cidades españolas e os segundos polas deputacións provinciais. Programas de actuación urbanística son os programas desenvoltos polos concellos para intervir mediante o desenvolvemento das figuras de planeamento pertinentes nalgunha área ou sector que, dadas as súas peculiaridades, así o requira. Expedientes de delimitación do solo urbano que teñen por obxecto a determinación de límites dun polígono ou unidade de actuación do solo urbano. Expedientes de reparcelacións urbanísticas que teñen como obxecto a división simultánea ou sucesiva de terreos en dous ou máis lotes cando poida dar lugar á constitución dun núcleo de poboación. Expedientes de convenios urbanísticos tramitados para realizar un contrato do concello con propietarios privados ou públicos para o desenvolvemento de planeamento nas súas parcelas en virtude do cal se xeran dereitos e obrigas por ambas partes.
Ãrea de notas
Nota