ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.32040.AELMB.

  • Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN

  • Data(s) 1925-1997 (Creación) 1925-00-00 - 2020-04-09 (Produción)

  • Volume e soporte 40 unidades de instalación con 65 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Entidade Local Menor de Berán(1924-) A única Entidade Local Menor que non pertence á provincia de Pontevedra corresponde á parroquia de San Breixo de Berán, que na actualidade forma parte do concello de Leiro, na limítrofe provincia de Ourense. Con anterioridade á formación dos concellos constitucionais pertencía á Xurisdicción da Veiga e Carballeda, con señorío do conde de Ribadavia. Na primeira configuración constitucional dos concellos pasa a formar parte do concello de Evade, para segregarse posteriormente e integrarse de forma definitiva no de Leiro. Ten unha superficie total de 320 hectáreas nas que residen 332 habitantes, distribuídos nos lugares de Aduana, Casanova, Trasouteiros, Quinteiro, Eirado, Cruz de Berán, Moreira, Cotofrío, Casar e Caldelas. Destaca especialmente pola existencia do coñecido e visitado balneario e pola súa abundante producción vinícola. É recoñecida como Entidade Local Menor polo Concello de Leiro, na sesión do 13 de decembro de 1924, celebrando a súa primeira xuntanza o 17 de marzo de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Manuel Taboada Cuíñas.

  • Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Berán

  • Historia arquivística O proceso de organización inicial do fondo documental iniciase no ano 1996 cunha reincorporación posterior no 2001, levando a cabo estes procesos técnicos: José Luis Castro Carpintero, María del Carmen Fariña Fernández, Manuela González Rey e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Deste conxunto documental destacan as actas da Xunta Veciñal dende 1925, e o derivado das obras e da xestión do balneario dende 1955 ata 1992. Polo seu volume (84% do total) débese reseña-la importancia dos fondos producidos na xestión e desenvolvemento dos sucesivos presupostos anuais dende 1931.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    0.- ÓRGANOS SUPERIORES
    
    1.- GOBERNO
    
    1.1.- XUNTA ADMINISTRATIVA
    1.2.- ALCALDE PEDÁNEO
    1.3.- COMISIÓNS ESPECIAIS
    
    2.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS
    
    2.1.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    
    2.1.1.- SECRETARÍA
    2.1.2.- REXISTRO XERAL
    2.1.3.- PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
    2.1.4.- PERSOAL
    2.1.5.- ELECCIÓNS
    2.1.6.- ARQUIVO
    
    2.2.- XESTIÓN DE SERVIZOS
    
    2.2.1.- OBRAS E URBANISMO
    2.2.2.- SEGURIDADE CIDADÁ
    2.2.3.- EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES
    2.2.4.- PRESTACIÓN SOCIAL SUBSTITUTORIA
    2.2.5.- SANIDADE E MEDIO AMBIENTE
    2.2.6.- SERVIZOS SOCIAIS
    
    3.- XESTIÓN ECONÓMICA
    
    3.1.- PRESUPOSTO ORDINARIO
    3.2.- PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO
    3.3.- FACTURAS E EXTRACTOS BANCARIOS

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Entidade Local Menor de Berán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición