ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ABASTECEMENTOS E CONSUMOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.3

  • Título ABASTECEMENTOS E CONSUMOS

  • Data(s) 1877-2014 (Creación) 1877-00-00 - 2019-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 47 unidades de instalación con 131 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección, ABASTECEMENTOS E CONSUMOS, contén os seguintes grupos documentais 3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS 3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos A función dos concellos en materia de control e intendencia de abastecementos é unha das máis antigas encomendadas ós mesmos, comprendendo os expedientes de autorización de vendas e expedientes de declaración de existencias, as denuncias e infraccións en materia de consumo, estatísticas, establecementos comerciais libros rexistros de provedores, padróns de clientes de establecementos, liquidacións de subministros de establecementos, os aranceis –libros, as denuncias e o control das mercadorías, prezos e pesas e medidas. 3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos Inclúe os rexistros de cartillas de racionamento, as propias cartillas e os censos de racionamento. Orde ministerial 14 maio 1939 estableceu un réxime de racionamento no pais para os produtos básicos de alimentación e de primeira necesidade. Vixente ata maio 1952. 3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas. No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante. 3.3.1.4.- Lonxas municipais Documentación específica relacionada co funcionamento das lonxas municipais. 3.3.2.- MATADOIRO 3.3.2.1.- Documentación do matadoiro matadoiro O matadoiro é outro servizo municipal que ten como finalidade o abastecemento de carne ou derivados á poboación mediante o sacrificio controlado de animais. A súa actividade está intimamente relacionada coa 1ª División de sección de sanidade, se ben nesta agrupación tan só incluiriamos aquela documentación referida ó matadoiro como lugar físico ou servizo municipal, non a referente ás matanzas domiciliarias nin ó control veterinario das reses. 3.3.3.- AUGA 3.3.3.1.- Documentación de auga O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…). Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.) 3.3.4.- OMIC 3.3.4.1.- Documentación da OMIC A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso. 3.3.5.- PÓSITO 3.3.5.1.- Documentación do Pósito O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza. Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.

  • Organizació

    Esta 1ª División de sección, ABASTECEMENTOS E CONSUMOS, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos
    3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos
    3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados
    3.3.1.4.- Lonxas municipais
    
    3.3.2.- MATADOIRO:
    
    3.3.2.1.- Documentación do matadoiro
    
    3.3.3.- AUGA:
    
    3.3.3.1.- Documentación de auga
    
    3.3.4.- OMIC:
    
    3.3.4.1.- Documentación da OMIC
    
    3.3.5.- PÓSITO:
    
    3.3.5.1.- Documentación do Pósito

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición