ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PÓSITO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.3.5

  • Título PÓSITO

  • Data(s) 1945 (Creación) 1945-1945 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 1 agrupación documental en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección, PÓSITO, contén unha única serie documental: 3.3.5.1.- Documentación do Pósito O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza. Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, PÓSITO, está organizada nunha única serie documental:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.5.- PÓSITO:
    
    3.3.5.1.- Documentación do Pósito

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición