Fondos
TRANSPORTES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.4
Título TRANSPORTES
Data(s) 1875-2009 (Creación) 1875 - 2018-06-05 (Produción)
Volume e soporte 19 unidades de instalación con 52 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recolle esta 1ª División de sección os documentos relacionados cos transportes e as comunicacións. Os concellos tiveron ó longo da historia certas competencias en materia de transportes e telecomunicacións. 3.4.1.- Licenzas de taxis Documentación derivada da procedemento de concesión de licenzas de transporte público de viaxeiros como por exemplo as licencias de taxis, autobuses e ambulancias que exercen actividade no seu territorio, podendo existir ó respecto expedientes de concesión de licencias, denuncias e reclamacións contra o funcionamento dos servizos de transporte público, etc... e rexistros como libros de rexistro de taxistas, entre outros. 3.4.2.- Expedientes de transportes e telecomunicacións No ámbito das telecomunicacións, os concellos tiveron competencias en materia de teléfonos, correos e telégrafos, posto que lles correspondía o exercicio de determinados procedementos da xestión e supervisión da oficina municipal encargada de tales servizos, debendo manterse toda a documentación referida a estes aspectos encadrada nesta serie.
Organizació
Esta 1ª división de sección, TRANSPORTES, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.4.- TRANSPORTES: 3.4.1.- Licenzas de taxis 3.4.2.- Expedientes de transportes e telecomunicacións
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)