Fondos
3. Expedientes de sanidade animal
Expedientes de sanidade animal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.6.3
Título Expedientes de sanidade animal
Data(s) 1906-2014 (Creación) 2005-00-00 - 2016-00-00 (Produción)
Volume e soporte 25 unidades de instalación con 126 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series documentais relacionada coa actividade de inspección veterinaria referidos a calquera tipo de inspección efectuada polos servizos veterinarios municipais e moi relacionados coas matanzas de animais para o seu consumo humano. Outros exemplos de expedientes de sanidade veterinaria serían as certificacións de requisas de gando inutilizado por razóns sanitarias, expedientes de autorización sanitaria de matanzas domiciliarias, expedientes de epizootias, etc...Atopamos tamén libros rexistros ou partes do servizo veterinario, censos de animais, sempre e cando estean elaborados con fins sanitarios e non fiscais, libros rexistros de epizootias –utilizados para consignar datos acerca de repercusións das epidemias ou pestes provocadas por enfermidades contaxiosas-, libros rexistros de matanzas domiciliarias e outros como recoñecementos sanitarios de sanitarios en matadoiros, padróns de animais enfermos, rexistros de cartillas gandeiras -con fins sanitarios-, relacións de cabezas de gando inutilizado por razóns sanitarias, ...
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)