Fondos
SANIDADE E MEDIO AMBIENTE
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36021.AELMM.2.2.5
Título SANIDADE E MEDIO AMBIENTE
Data(s) 1994-00-00 - 2017-11-03 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación en soporte papel na súa totalidade, descrito en 1 rexistro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª División de sección recolle unha función básica das Entidades Locais Menores, aínda que compartida con outras administracións, como é velar pola saúde e benestar físico dos seus habitantes, proporcionando unhas axeitadas condicións de hixiene, salubridade e atención sanitaria ós mesmos. Ademais, inclúe queles expedientes relacionados co Medio Ambiente, intimamente relacionado co benestar social e a salubridade. Xa que logo, conta con dúas series diferenciadas: Expedientes de sanidade: Agrupación de series con documentos e expedientes xerados pola Entidade Local Menor en función da actividade exercida para o control sanitario dos seus habitantes. Entre eles podemos atopar os expedientes de campañas de vacinación, instruídos para levar a cabo tales campañas sanitarias; os expedientes de control sanitario, expedientes de epidemias relacionados co estudo, detección e tratamento de tal andazo; memorias do estado sanitario do municipio, expedientes de reclamacións por infraccións sanitarias, expedientes de declaración de insalubridade e clausura provisional de establecementos e edificios de servizo público, partes médicos, controis de augas e fontes elaborados polo persoal médico propio do municipio (médicos, farmacéuticos, matronas) como constancia do exercicio da súa actividade; rexistros de vacinacións e rexistros de epidemias, que normalmente existentes en forma de libro asentan tales asuntos entre outros moitos que se desenvolven por parte das Entidades Locais Menores na función de control da saúde dos seus habitantes. Tamén a documentación referida á xestión e mantemento dos centros sanitarios por parte das Entidades Locais Menores Por último os expedientes de sanitarios locais, creados a partir do Regulamento de persoal dos servizos sanitarios locais de 1953, entendendo por tal tanto os servizos médicos (médicos, practicantes, matronas, farmacéuticos) como veterinarios. Atopamos documentación relacionada co súa presentación e nomeamento ou coa saída ou cesamento de sanitarios locais, ou cos períodos vacacionais, infraccións, expedientes disciplinarios, queixas etc. Expedientes de medio ambiente:
Organizació
Esta 2ª división de sección, SANIDADE E MEDIO AMBIENTE, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS 2.2.- XESTIÓN DE SERVIZOS
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias SANIDADE MEDIO AMBIENTE España Galicia Pontevedra Gondomar Morgadáns (Santiago)