Fondos
EDUCACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.8
Título EDUCACIÓN
Data(s) 1840-2009 (Creación) 1840 - 2011-00-00 (Produción)
Volume e soporte 40 unidades de instalación con 147 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a documentación xerada polos concellos a partir das súas competencias no ámbito da promoción da educación dos seus habitantes, función municipal que tralo remate do período franquista é exercida cunha actividade cada vez máis restrinxida, na maior parte dos casos, dado o papel preponderante reservado ás administracións autonómica e estatal no asunto. 3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino: Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Ensino e as actas e expedientes de sesións da mesma. 3.8.2.- Expedientes de educación Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, .... Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica. 3.8.3.- Expedientes de persoal docente Expedientes de persoal docente tramitados para moi diversos asuntos en relación ós mestres dos centros educativos tales como tomas de posesión e cesamento, traslados, provisións de casa habitación, concesión de licenzas e permisos, etc 3.8. 4.- Axudas de estudos Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.
Organizació
Esta 1ª división de sección, EDUCACIÓN, está organizada nas seguintes series documentais: 3.8.- EDUCACIÓN: 3.8.1.- Xunta Municipal de Ensino 3.8.2.- Expedientes de educación 3.8.3.- Expedientes de persoal docente 3.8.4.- Axudas de estudos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)