ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

POBOACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.11

  • Título POBOACIÓN

  • Data(s) 1838-2013 (Creación) 1838-00-00 - 2017-04-25 (Produción)

  • Volume e soporte 87 unidades de instalación con 210 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección inclúe a documentación sobre a poboación e o seu control, derivada da colaboración dos concellos coa administración central, competente nesta materia. O control constante da súa poboación realizada con diversos fins –planificación económica, operatividade política- é unha función básica dos concellos que exerce como administración dotada do máximo achegamento ó cidadán e polo tanto, idónea para satisfacer tales recontos sistemáticos. 3.11.1.- Xunta Municipal do Censo de Poboación Libros de rexistro das actas das sesións deste órganos municipal encargado da planificación dos traballos encamiñados á elaboración de censos de poboación e padróns de habitantes. 3.11.2.- Padrón municipal de habitantes Rexistro coa relación dos habitantes do termo, con expresión das súas respectivas calidades. Inclúe procesos continuados de rectificacións, altas, baixas e cambios de cualificación veciñal que se producen anualmente no padrón. É un rexistro administrativo, actualízase permanentemente, elabórano os concellos. O feito da inscrición é obrigatorio e está afectado pola lexislación sobre protección de datos de carácter persoal en canto a o seu uso e dispoñibilidade. O censo de poboación é unha estatística, resultado dunha operación de reconto, cuxa finalidade é a de proporcionar información sobre o estado da poboación, isto é. Sobre o seu tamaño e as súas características, recollendo datos tanto demográficos como económicos, sociais, etc. O censo debe de contar con todos os individuos dun territorio (pais, comunidade autónoma, etc.), nun momento determinado; debe realizarse, ademais, cunha periodicidade definida e previamente establecida e os resultados que se obteñan, deben ser de dominio público. Elabórao o Instituto Nacional de Estatística (INE) cada dez anos, desde 1981 en todos os anos terminados en 1. A súa cumprimentación é voluntaria. Lexislación sobre función estatística. 3.11.3.- Edificios e vivendas Rexistros complemento dos de poboación que asentan datos referentes á contabilización demográfica dos habitantes do municipio. Neste caso os censos de edificios e vivendas, existentes para rexistrar os lugares de habitación da poboación permitindo un xeito indirecto de control numérico sobre a mesma, podendo a súa elaboración servir ademais para outros fins. Son censos revisables cada certo tempo, que numeran as vivendas existentes, con carácter previos a revisión dos censos e padróns de habitantes, tendo consideración de traballos preliminares aos mesmos. A Rexencia do Reino por Decreto 24-xaneiro-1841 dispuxera que nas Secretarías de todos os Concellos de máis de 500 veciños establecésese o Rexistro Civil de nados, casados e mortos dentro do termo xurisdicional, levándose en libros con arranxo a modelos oficiais. Será coa Lei Rexistro Civil 17 xuño 1870, cando esta función pase definitivamente a esta institucións anexas aos Xulgados de Paz e municipais. Froito delo podemos atopar nalgúns arquivos municipais, ou ás veces nos dos xulgados de paz anexos, as seguintes series documentais: 3.11.4. - Libro rexistro de nacementos Rexistro en forma de libro nos que se asentaban os nacementos acontecidos entre 1845 e 1870. 3.11.5. - Libro rexistro de matrimonios Rexistro en forma de libro nos que se asentaban matrimonios acontecidos entre 1845 e 1870. 3.11.6. - Libro rexistro de defuncións Rexistro en forma de libro nos que se asentaban as defuncións acontecidos entre 1845 e 1870. 3.11.7.- Estatísticas Serie documental que recolle unha serie de datos e estatísticas referidas á demografía e poboación.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, POBOACIÓN, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.11.- POBOACIÓN:
    
    3.11.1.- Xunta Municipal do Censo de Poboación
    3.11.2.- Padrón municipal de habitantes
    3.11.3.- Edificios e vivendas
    3.11.4.- Libro rexistro de nacementos
    3.11.5.- Libro rexistro de matrimonios
    3.11.6.- Libro rexistro de defuncións
    3.11.7.- Estatísticas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición