Fondos
3. Edificios e vivendas
Edificios e vivendas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.11.3
Título Edificios e vivendas
Data(s) 1887-2007 (Creación)
Volume e soporte 6 unidades de instalación con 26 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Rexistros complemento dos de poboación que asentan datos referentes á contabilización demográfica dos habitantes do municipio. Neste caso os censos de edificios e vivendas, existentes para rexistrar os lugares de habitación da poboación permitindo un xeito indirecto de control numérico sobre a mesma, podendo a súa elaboración servir ademais para outros fins. Son censos revisables cada certo tempo, que numeran as vivendas existentes, con carácter previos a revisión dos censos e padróns de habitantes, tendo consideración de traballos preliminares aos mesmos. A Rexencia do Reino por Decreto 24-xaneiro-1841 dispuxera que nas Secretarías de todos os Concellos de máis de 500 veciños establecésese o Rexistro Civil de nados, casados e mortos dentro do termo xurisdicional, levándose en libros con arranxo a modoos oficiais. Será coa Lei Rexistro Civil 17 xuño 1870, cando esta función pase definitivamente a estas institucións anexas aos Xulgados de Paz e municipais.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)