Fondos
ELECCIÓNS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.13
Título ELECCIÓNS
Data(s) 1838-2014 (Creación) 1838-00-00 - 2014-00-00 (Produción)
Volume e soporte 23 unidades de instalación con 79 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle as funcións dos concellos dentro dos procesos electorais, tanto nos propios para elixir os membros e cargos do seu goberno, como doutras institucións nas que funcionan como circunscrición electoral básica e primixenia. A documentación electoral de elección dos membros das corporacións locais rara vez vai máis alá do s. XVIII trala promulgación das disposicións lexislativas do goberno de Carlos III ó respecto, sendo especialmente importante tralo chegada ó poder dos liberais co conseguinte establecemento dos concellos constitucionais, que teñen na celebracións das eleccións unha das súas características básicas. 3.13.1.- Xunta do Censo Electoral: Documentación do funcionamento das Xuntas electorais locais, especialmente os libros de actas das mesmas e os expedientes das sesións celebradas por este órgano. 3.13.2.- Censos electorais Documento necesario para o desenvolvemento dos procesos electorais que se sustenta completamente nos padróns municipais. É un rexistro que está formado polas inscricións de aquelas persoas que reúnen os requisitos legalmente establecidos para exercer o dereito ao voto. Para actualizalo, os concellos envían mensualmente ás Delegacións provinciais de las Oficinas del censo electoral, una relación con las altas de los residentes maiores de idade, as baixas, os cambios de domicilio e calquera outra modificación de datos que sexa relevante para a formación de este censo. 3.13.3.- Expedientes de eleccións Expediente correspondente ao diferentes procesos electorais: para as Cortes Xerais, Comunidade Autónoma, corporacións municipais, Parlamento Europeo, Referéndum …, de acordo coas convocatorias que se fagan pola autoridade competente. A documentación que se pode atopar xorde da relación coa Xunta Electoral e está relacionada ca constitución das xuntas locais, a fixación das seccións e mesas, a confección de listas, a designación dos membros das mesas electorais, as exposicións dos censos, a colocación da infraestrutura electoral necesaria, os testemuños do proceso electoral e dos resultados e a proclamación dos electos, no seu caso.
Organizació
Esta 1ª división de sección, ELECCIÓNS, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.13.- ELECCIÓNS: 3.13.1.- Xunta do Censo Electoral 3.13.2.- Censos electorais 3.13.3.- Expedientes de eleccións
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)