Fondos
TAXAS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..4.2.2
Título TAXAS
Data(s) 1859-2011 (Creación) 1859-00-00 - 2016-00-00 (Produción)
Volume e soporte 47 unidades de instalación con 79 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido As entidades locais poderán establecer taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de xeito particular ós contribuíntes. Deste xeito, constitúen un ingreso de dereito público que se orixina pola prestación dun servizo público de consumo divisible que reporta, aínda que de xeito secundario, un beneficio xeral para a colectividade e cunha contía igual ó custo do servizo. O número de taxas e prezos públicos impoñibles é moi elevado, sendo regulados nas súas respectivas ordenanzas fiscais, destacando algúns como a taxa por recollida de lixo, abastecemento de augas, ocupación de vía pública, etc... 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911) 4.2.2.2.- Listas cobratorias Relacións de contribuíntes ou as súas modificacións, que poder atoparse agrupadas nos padróns de exaccións municipais, ou individualizadas por conceptos: augas, lixos, entrada de garaxes, toldos, escaparates...
Organizació
Esta 2ª división de sección, TAXAS, está composta polas seguintes series documentais: 4.- FACENDA: 4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN 4.2.2.- TAXAS 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais 4.2.2.2.- Listas cobratorias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)