ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.596
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

ENTIDADE LOCAL MENOR DE VILASOBROSO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36031.AELMV

  • Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE VILASOBROSO

  • Data(s) 1924-1995 (Creación) 1924-00-00 - 1995-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 36 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 58 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Entidade Local Menor de Vilasobroso(1924-) Formada pola parroquia de San Martiño de Vilasobroso, chamada así dende 1936 en que se aproba o cambio de denominación sendo con anterioridade o seu nome San Martiño da Portela. Pertencía no Antigo Réxime á Xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra. Na actualidade forma parte do concello de Mondariz, discorrendo por ela a estrada nacional N-120 que configura a súa morfoloxía; nesta parroquia atópase o coñecido castelo de Vilasobroso, hoxe propiedade do Concello de Ponteareas. A parroquia ten unha superficie total de 5,18Km2, onde residen 452 habitantes, distribuídos nos lugares de O Cruceiro, A Pena, Saniñáns Veigadraga e Vilasobroso. Foi recoñecida como Entidade Local Menor o 13 de setembro do ano 1924, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Alejo Carrera Muñoz. A súa primeira denominación foi a de Entidade Local Menor de Portela ata o cambio de denominación da parroquia antes sinalado, por solicitude da propia Entidade Local. O seu patrimonio constitúeo o edificio do mercado, no que se atopa na actualidade a sede da Entidade Local, o cemiterio e varios montes.

  • Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso

  • Historia arquivística A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta documentación, recentemente organizada, dispúxose nun total de trinta e seis unidades de instalación, que supoñen escasamente catro metros lineais, correspondendo ó período comprendido entre os anos 1924 e 1994. Na súa maior parte a documentación deriva da xestión dos sucesivos presupostos anuais (84% do total), conservados ininterrompidamente dende 1951. Tamén se conservan algúns libros de actas da Asemblea parroquial de Portela e da propia Entidade Local Menor de Portela e de Vilasobroso. Outra documentación reseñable sería a producida na xestión dos aproveitamentos de madeiras, entre 1966 e 1989, e maila derivada da construcción e xestión do cemiterio, propiedade da Entidade Local, do período que vai de 1924 a 1995.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    
    0. ÓRGANOS SUPERIORES
    
    1. GOBERNO
    1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1924-1987 2
    
    2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS
    2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    
     2.1.1. SECRETARÍA 1944-1993 2
     2.1.2. REXISTRO XERAL 1963-1969 1
     2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 1924-1995 3
     2.1.4. PERSOAL 1967-1980 1
     2.1.5. ELECCIÓNS 1983 1
    
    2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS
    2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1955-1981 1
    2.2.2. SEGURIDADE CIDADÁ 1969 1
    
    3. XESTIÓN ECONÓMICA
    3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 1951-1994 30
    3.2. PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 1952

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición