Fondos
ES.GA.36023.AELMC. ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36023.AELMC
Título ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
Data(s) 1760-1995 (Creación) 1760 - 1995-00-00 (Produción)
Volume e soporte 53 unidades de instalación con 67 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Entidade Local Menor de Camposancos(1925-) A Entidade Local Menor de Camposancos pasa por ser a máis antiga de tódalas que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século pasado unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Coto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este coto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870. A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase no ano 1798 logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; sen embargo, na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade. Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen 845 habitantes, distribuídos nos lugares de A Armona, Bouza da Fonte, O Couto, A Granxa, O Outeiro, O Muíño, Pombal, A Pasaxe, Sa e Salgueiró. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte de Santa Tegra e dispón de coñecidas praias. Como Entidade Local Menor é recoñecida, logo da aprobación do Estatuto de Municipal de 1924, en abril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez.
Institución arquivística Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos
Historia arquivística A documentación consérvase no pequeno local da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Dentro deste fondo destacan as actas dos órganos de goberno, que só se conservan dende 1955; e sobre todo a documentación referida ó patrimonio, que conserva orixinais e copias de todo o proceso antes relatado de arrendamento e redención do foro dos bens do Coto de Camposancos, da constitución da parroquia e dos principais acontecementos referidos ó devir desta Entidade Local Menor. En todo caso, como é habitual, a maior parte do volume documental (53%) corresponde á elaboración e control presupostario entre os anos 1920 e 1995.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN 0.- ÓRGANOS SUPERIORES 1.- GOBERNO 1.1.- XUNTA ADMINISTRATIVA 1.2.- ALCALDE PEDÁNEO 1.3.- COMISIÓNS ESPECIAIS 2.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS 2.1.- XESTIÓN ADMINISTRATIVA 2.1.1.- SECRETARÍA 2.1.2.- REXISTRO XERAL 2.1.3.- PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 2.1.4.- PERSOAL 2.1.5.- ELECCIÓNS 2.1.6.- ARQUIVO 2.2.- XESTIÓN DE SERVIZOS 2.2.1.- OBRAS E URBANISMO 2.2.2.- SEGURIDADE CIDADÁ 2.2.3.- EDUCACIÓN. CULTURA. DEPORTES 2.2.4.- PRESTACIÓN SOCIAL SUBSTITUTORIA 2.2.5.- SANIDADE E MEDIO AMBIENTE 2.2.6.- SERVIZOS SOCIAIS 3.- XESTIÓN ECONÓMICA 3.1.- PRESUPOSTO ORDINARIO 3.2.- PRESUPOSTO EXTRAORDINARIO 3.3.- FACTURAS E EXTRACTOS BANCARIOS
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade
Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Caldas de Reis, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias POBOACIÓN E TERRITORIO Territorio Organización do territorio Entidade local menor
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Guarda, A Camposancos (Santa Isabel)
Nome dos puntos de acceso Entidade Local Menor de Camposancos (Tema) (Creador)
Área de control da descrición
Identificador da institución DEPO00200048068