ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Padroado Monte Santa Tegra

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AELMC.1.1.11

  • Título Padroado Monte Santa Tegra

  • Data(s) 1994-1995 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 1 agrupación documental en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación relacionada co Padroado do Monte Santa Tegra. A acta de fundación data do 4 de febreiro de 1993 e ten como antecedente a Sociedade Pro-Monte. O Padroado é un organismo público con personalidade xurídica propia e patrimonio especial que ten por finalidade a conservación e protección do monte Santa Trega, declarado no 1931 Ben de Interese Cultural. Os estatutos establecen entre as súas funcións, as seguintes: a) Organizar actos encamiñados a promoción do turismo. b) Realizar xestións e accións destinadas á mellora e conservación do monte Santa Trega. c) Colaborar na conservación e mantemento dos xacementos arqueolóxicos existentes no monte. d) Promover obras de consolidación e mellora dos xacementos arqueolóxicos. e) Coordinar o labor nestes campos coas Consellerías con competencia na materia, outros municipios, entidades nacionais e estranxeiras, tendentes ó cumprimento das finalidades do Padroado. f) En xeral, cantos asuntos relacionados co Monte de Santa Trega, dende un punto de vista arqueolóxico, forestal de servizos e turismo, que sexa de interese para o Monte Santa Trega.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias

Área de control da descrición