ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Fondos

IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE TOMIÑO (1937-1988) (0196-9950-00-00)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36054.AISLG.TOM

  • Título IRMANDADE SINDICAL DE LABREGOS E GANDEIROS DE TOMIÑO (1937-1988) (0196-9950-00-00)

  • Data(s) 1937-1988 (Creación) 0196 - 9950-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 34 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 120 expedientes ou agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Tomiño(1937-1988) A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Tomiño constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no Concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servicio e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tomiño

  • Historia arquivística Dispuña esta institución dun local propio, na saída do núcleo de Tomiño a carón da estrada que vai en dirección á Guarda. É unha edificación de planta baixa, en pedra, con planta rectangular e profusión de vans. Nela funcionaban a Cámara Agraria e o Centro de Inseminación, contando ademais cun pequeno garaxe para gardar a maquinaria que usaban os agricultores da zona en réxime comunitario. Na actualidade atópase nun lamentable estado de abandono, rodeado de maleza e cunha evidente falta de mantemento, a pesar de ser utilizado pola Comunidade de Montes. No seu interior estaba depositada a documentación que aínda se conserva, espallada polo chan, en penosas condicións de limpeza e absolutamente descoidada. Esta documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, tratouna o equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental no mes de maio do 2003 para favorecer a súa conservación e facilitar o seu acceso a ela.

  • Forma do ingreso Transferencia irregular.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Daquela a documentación que se conserva da Irmandade sindical de agricultores e gandeiros de Tomiño corresponde a aqueles fondos que por motivos descoñecidos non se lle chegaron a remitir a Pontevedra, seguramente por teren unha consideración menor; sería, polo tanto, un fondo parcialmente conservado e restrinxido á documentación menos valorada (correspondencia, ficheiros..). Aqueles documentos de especial interese, coma os libros de actas do Cabido, das respectivas comisións, a documentación orzamentaria... non figura entre a documentación que se recuperou e finalmente organizou. As condicións de conservación da documentación eran deficientes, sen as necesarias medidas de seguridade, disposta no chan e en mobles de madeira moi deteriorados, con moita suciedade e roedores. Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados puidéronse inventariar un total de 34 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico que iría dende 1941 ata 1988. Como consecuencia da actividade sindical agraria, a maior parte da documentación conservada forma parte da sección Administración, dispoñemos así mesmo de correspondencia, oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (COSA, Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) durante un amplo período cronolóxico, conservándose ademais un bo conxunto de certificacións (afiliacións á SSA, contribución rústica, quintas), instancias e partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade. En segundo lugar, dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1, correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón o groso do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas Irmandades ós agricultores. Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada do Centro de Inseminación de Tomiño relativas ó control do gando; á Mutua Gandeira denominada “Vacas do Barro”; ou a da Cooperativa do Campo “Santa María” de Tomiño con documentación dun amplo período (1942-1985). A sección 1 de Goberno a penas ten testemuños documentais agás uns impresos de solicitude de ingreso na Irmandade, que inclúen a foto do solicitante e teñen por iso certo interese e atractivo. En canto á sección 4 de Facenda está incompleta e fragmentada posto que só se conservan parcialmente orzamentos e algunhas contas de recadación e padróns da derrama agrícola.

  • Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado a unha dependencia do Concello, onde se produciu a súa organización.

  • Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    
    1.- GOBERNO
    
    
    1.1. CABILDO / PLENO 1946-1951 1
    1.2. COMISIÓNS E XUNTAS - -
    1.3. PRESIDENTE - -
    
    2.- ADMINISTRACIÓN
    
    2.1. SECRETARÍA
    .Estatística e memorias 1941-1987 1
    .Correspondencia 1942-1988 2-4
    .Circulares 1942-1985 5-7
    2.2. REXISTRO
    .Libro rexistro de entrada e saída de documentos 1946-1956 8
    2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
    .Expedientes de patrimonio 1938-1954 1
    2.4. PERSOAL - -
    
    3.- SERVIZOS
    
    
    3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
    MUTUALIDADE 1944-1984 9-18
    3.2. CENSOS AGRARIOS - -
    3.3. ELECCIÓNS - -
    3.4. TRIBUNAL XURADO - -
    3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS
    .Vivendas de Protección Civil 1957 31
    3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN - -
    3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS - -
    3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
    AGROPECUARIA E RURAL - -
    3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
    TRANFORMACIÓN - -
    3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO - -
    3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS - -
    3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA - -
    3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
    MUTUAS GANDEIRAS
    .Mutua Gandeira "Vacas del Barro" 1954-1958 22
    3.14. COOPERATIVAS
    .Cooperativa "Santa María" de Tomiño 1942-1985 23-26
    3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES
    .Centro de Inseminación de Tomiño 1957-1970 27-30
    3.16. AUGA - -
    3.17. GARDERÍA RURAL - -
    
    4.- FACENDA
    
    4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
    4.2. RECADACIÓN
    .Contas de recadación. Padróns de derrama 1946-1974 32
    4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
    .Recibos, contas bancarias e facturas 1944-1986 33-34

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 33 unidades de instalación.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Puntos de acceso

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200048817