Fondos
GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.1
Título GOBERNO
Data(s) 1840-2017 (Creación) 1993 - (Produción) - 1993 (Produción)
Volume e soporte 734 unidades de instalación con 11.249 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).
Organizació
Esta sección está organizada polas seguintes divisións de sección e series documentais: 1.- GOBERNO: 1.1.- CONCELLO/PLENO: 1.1.1.- Expedientes de división territorial 1.1.2.- Expedientes de Entidades Locais Menores 1.1.3.- Expedientes de mancomunidades 1.1.4.- Expedientes de constitución do Concello 1.1.5.- Expedientes de sesións do Pleno 1.1.6.- Expedientes de cargos municipais 1.1.7.- Mocións 1.1.8.- Libro de actas do Pleno 1.1.9.- Ordenanzas e regulamentos 1.1.10.- Convenios 1.1.11.- Expedientes de xuntas veciñais 1.1.12.- Expedientes de sesións do Centro de Desenvolvemento Local 1.1.13.- Documentación de Asociacións 1.1.14.- Expedientes da Comisión Xestora 1.1.15.- Expedientes de sesións da Xunta do Partido 1.1.16.- Libro de actas da Xunta do Partido Xudicial 1.1.17.- Libro de seguimento de acordos 1.1.18.- Rexistro de Entidades Locais 1.1.19.- Expedientes de sesión do Padroádego Municipal de Santa Trega 1.1.20.- Expedientes de sesións do Consello Consultivo Económico e Social 1.1.21.- Libro de actas da Xunta do Reino de Galicia 1.2.- ALCALDE: 1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía 1.2.2.- Certificacións e informes da Alcaldía 1.2.3.- Decretos. Resolucións 1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía 1.2.5.- Bandos. Edictos 1.2.6.- Libro rexistro de bandos 1.2.7.- Libro rexistro de edictos 1.2.8.- Expedientes de protocolo 1.2.9.- Heráldica municipal 1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo 1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía 1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía 1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE 1.3.1.- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente 1.3.2.- Libro de actas da Comisión de Goberno 1.3.3.- Libro de actas da Xunta de Goberno Local 1.3.4.- Expedientes de sesións da Comisión Municipal Permanente 1.3.5.- Expedientes de sesións da Comisión de Goberno 1.3.6.- Expedientes de sesións da Xunta de Goberno Local 1.3.7.- Libro de actas do Consello da Xerencia de Urbanismo 1.3.8.- Expedientes de sesións do Consello da Xerencia de Urbanismo 1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1.4.1.- Libro de actas de Comisións Informativas 1.4.2.- Expedientes de sesións de Comisións Informativas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Cargo de goberno Concello España Galicia Pontevedra Estrada, A
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Estrada, A
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)