Fondos
6. Expedientes de cargos municipais
-
2.337/3. Expediente de formación da Comisión Municipal Permanente (1953)
-
2.337/5. Expediente de dietas por asistencia a sesións de concelleiros (1955)
-
2.337/6. Expediente sobre Manuel Campos Paseiro, alcalde (1957)
-
2.337/7. Expediente sobre o alcalde e concelleiros (1958-1980)
-
2.337/8. Expediente de relación da nova xunta parroquial de Orazo (1976)
-
2.820/1. Expediente de alcaldes de barrio e xuntas veciñais (1987)
-
2.820/2. Expediente de alcaldes de barrio e xuntas veciñais (1988)
-
2.820/3. Expediente de alcaldes de barrio e xuntas veciñais (1989)
-
2.820/4. Expediente de mocións de partidos políticos e xuntas veciñais (1990)
-
3.402/1. Expediente de propostas do concelleiro delegado do rural Señor Somoza Carbón (1992)
-
3.505/1. Expediente de estatísticas de datos relacionados con este concello
-
3.654/1. Expediente de nomeamento de alcaldes de barrio (1977-1987)
-
8.727/3. Expediente de nomeamento e cese de alcaldes de barrio (1997-2005)
-
10.295/1. Renuncia do concelleiro Gonzalo Figueiras Rey. (2007)
-
10.295/2. Publicación dedicacións exclusivas dos concelleiros. (2005)
-
10.295/3. Dedicacións exclusivas dos concelleiros e peridicidade das sesións do pleno. (2003)
-
10.295/4. Toma de posesión da concelleira María Jesús Taboada Constenla. (2007)
-
10.298/2. Dimisión da concelleira Elvira Fernández Díaz. (1992)
-
10.298/3. Toma de posesión de José Eusebio Porta Lorenzo. (1992)
-
10.298/4. Inclusión de Selesio Meda Herbojo no Grupo Mixto. (1992)
-
4.144/14. Expediente de nomeamentos de alcaldes de barrio (1991-1992)
-
6.636/19. Expediente de renuncia do concelleiro Rafael Luis Guerrero Martín (1986)
-
10.267/16. Denuncia de incompatibilidade do concelleiro Alfonso Uzal Campos. (1995)
-
10.294/13. Dimisión como concelleiro de Alfonso Uzal Campos. (2005)
-
10.294/14. Toma de posesión do concelleiro Alfonso José Otero Durán. (2005)
-
10.294/22. Renuncia do concelleiro José Manuel Reboredo Baños. (2007)
-
10.294/23. Renuncia do concelleiro Alfonso Manuel Sanmartín Carbón. (2007)
-
10.294/25. Toma de posesión da concelleira Mónica Magariños Cobas. (2007)
-
10.294/32. Toma de posesión da concelleira Noa López Calvelo. (2005)
-
10.298/20. Nomeamento de representantes do concello en órganos colexiados. (1995)
-
10.298/23. Renuncia do concelleiro Carlos Palmou Lorenzo. (1996)
-
10.298/24. Renuncia do concelleiro Fernando Picaño Varela. (1998)
-
10.298/27. Credenciais da concelleira María Jesús Taboada Constenla. (1998)
-
10.298/28. Cambio de portavoz do grupo popular a favor de Manuel Reboredo Baños. (1998)
-
10.298/30. Integración de Taboada Constenla no grupo municipal do PSOE. (1998)
-
10.298/31. Nomeamento de representante municipal na Caixa de aforros de Galicia. (1998)
-
10.298/32. Toma de posesión do concelleiro José Ignacio Taboada Suárez. (1996)
-
10.298/33. Recoñecemento de dedicación exclusiva do concelleiro Manuel Bernárdez Sanluis. (1995)
-
10.298/35. Proposta de nomeamento de representantes municipais nos consellos escolares (1996)
-
10.325/22. Renuncia do concelleiro Manuel Anxo Rendo Lema. (1991)
Expedientes de cargos municipais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.1.1.6
Título Expedientes de cargos municipais
Data(s) 1939-2005 (Creación)
Volume e soporte 13 unidades de instalación con 31 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes nos que se reflicte a designación das persoas que van desempeñar cargos ou oficios municipais (alcaldes, concelleiros, alcaldes de barrio, pedáneos). Inclúe tamén os expedientes de rexistro de intereses de membros da Corporación, que veñen a ser rexistros onde se relatan os bens mobles e inmobles integrantes do patrimonio persoal dos corporativos. Son habituais tamén os expedientes de elección de Xuíz de Paz e substituto, naqueles municipios onde non existe Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. Os xuíces de paz xorden polo RD do 22 de outubro de 1855 e pola Real Orden de 12 de novembro de 1855. Actualmente regúlase pola Lei orgánica do poder xudicial 6/1985 (LOPJ) e polo regulamento 3/1995 de 7 de xuño, dos xuíces de paz.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)