Fondos
7. Mocións
-
1.359/1. Moción presentada polo Alcalde ao pleno da corporación municipal (1940)
-
1.753/1. Moción de ofrecemento de terrenos para Escuela de Policía (1991)
-
3.257/2. Mocións do PSOE e CIDE sobre mercado de gandos (1985)
-
3.257/4. Moción do PSOE sobre a denominación dunha rúa (1990)
-
3.257/5. Moción de grupos da oposición sobre vías de comunicación ( COTOP ) (1990)
-
3.414/1. Mocións sobre a reconstrucción da antiga igrexa da Estrada (1984)
-
3.414/2. Moción dó Partido Socialista de Galicia PSOE sobre incendios forestais (1984)
-
4.398/1. Moción presentada por concelleiros do BNG sobre incendios forestais (1987)
-
4.398/2. Lectura de mociones de Fernández Díaz, Elvira (1988)
-
10.154/6. Moción do BNG sobre a obxeción de conciencia. (1996)
-
3.228/15. Moción do PS de G -PSOE solicitando informes sobre legalidade de contas de festas (1995)
-
10.220/13. Moción do BNG en relación coa estrada N-640. (1995)
-
10.220/14. Moción do BNG en relación co tratamento de residuos sólidos. (1995)
-
10.221/14. Moción do BNG sobre promoción e defensa dos nosos productos. (1993)
-
10.221/15. Proposta de adopción de medidas a favor dos gandeiros frente empresas leiteiras. (1993)
Mocións
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.1.1.7
Título Mocións
Data(s) 1933-1995 (Creación) 1933-00-00 - 1995-00-00 (Produción)
Volume e soporte 13 unidades de instalación con 20 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)